Comité Olímpico Español
O Comité Olímpico Español (COE) é o comité olímpico de España.
Índice |
[editar] Historia e funcións
O seu obxectivo é organizar e coordinar a presenza de España nos Xogos Olímpicos. Creouse o 11 de xaneiro de 1924 en Barcelona, e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional. Ten a súa sede en Madrid. O seu presidente actual é o galego Alejandro Blanco.
[editar] Membros
A asemblea do Comité Olímpico Español ten aproximadamente entre 150 e 200 membros. Algúns teñen carácter vitalicio, como aqueles que foron presidentes ou secretarios do propio Comité, ou membros do Comité Olímpico Internacional (antigos e actuais). Ademais, son membros os presidentes de todas as federacións olímpicas (as federacións españolas dos deportes olímpicos), e tamén as dalgunhas federacións non olímpicas, así como algúns membros (elixidos ou representativos) que ocupan as cotas dos xornalistas deportivos, os deportistas, os adestradores, as institucións políticas implicadas (deporte e Asuntos Exteriores), etc.
[editar] Presidentes do Comité Olímpico Español
- 1912-1921 Gonzalo de Figueroa y Torres, Marqués de Villamejor
- 1924-1926 Santiago Güell y López, Barón de Güell
- 1926-1931 Eusebio López y Díaz de Quijano, Marqués de Lamadrid
- 1933-1936 Augusto Pi Suñer
- 1941-1956 José Moscardó Ituarte, Conde del Alcázar de Toledo
- 1956-1967 José Antonio Elola-Olaso
- 1967-1970 Juan Antonio Samaranch, Marqués de Samaranch
- 1970-1975 Juan Gich Bech
- 1975-1976 Tomás Pelayo Ros
- 1976-1980 Benito Castejón
- 1980-1983 Jesús Hermida Cebreiro
- 1983-1984 Romá Cuyás
- 1984-1987 Alfonso de Borbón, Duque de Cádiz
- 1987-1998 Carlos Ferrer Salat
- 1998-2002 Alfredo Goyeneche, Conde de Guaqui
- 2002-2005 José María Echevarría y Arteche
- 2005-actualidade Alejandro Blanco