Aida Valiño
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aida Valiño, nada en Castroverde o 23 de xuño de 1987, é unha triatleta galega.
Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.
En tríatlon milita no club Fluvial de Lugo, como nadadora no Portamiña e como ciclista, no Spol Caixanova. Tamén venceu a travesía a nado da Ría de Vigo, na súa edición de 2006.
Índice |
[editar] Mellores resultados
[editar] Campionatos do mundo
| Lugar | Posición | Data | Título |
|---|---|---|---|
| Lausanne (Suíza) - júnior | 32 | 03.09.2006 | |
| Hamburgo (Alemaña) - sub23 | retirada na bicicleta | 31.08.2007 |
[editar] Copa do Mundo
| Lugar | Posto | Data | Marca | Título |
|---|---|---|---|---|
| Madrid (España) | 40 | 4.6.2006 | 2:15'39" | |
| Lisboa (Portugal) | 47 | 5.5.2007 | 2:14'38" | |
| Madrid (España) | 33 | 3.6.2007 | 1:15'33" |
[editar] Campionatos de Europa
| Lugar | Posición | Data | Título |
|---|---|---|---|
| Madrid (España) - Sub 23 | 7 | 03.06.2007 | |
| Serres (Grecia) - Sub23 | 2 | 24.05.2008 |