Campionato do mundo de tríatlon 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O XIX Campionato do mundo de tríatlon celebrouse do 30 de agosto ao 2 de setembro de 2007 na cidade alemá de Hamburgo.

Organización[editar | editar a fonte]

Foi a primeira vez que unha cidade alemá organizaba os mundiais de tríatlon. Participaron 7.000 triatletas en total, entre as probas de afeccionados, as dos grupos de idade, as de para persoas con discapacidade e as competitivas. Nas probas competitivas foron seleccionados 480 triatletas, 240 homes e 240 mulleres, repartidos equitativamente entre categoría absoluta (chamada elite), sub23 e júnior (menores de 19 anos).

Se ben houbo representantes inscritos procedentes de Illas Cook ou Tahití, entre as categorías competitivas só participaron atletas de estados plenamente recoñecidos, ademais de Hong Kong ou Porto Rico e un participante que o fixo representando a Unión Internacional de Tríatlon (ITU). En total foron 55 países, dos que case a metade (26) foron europeos, e só 3 africanos.

Participación galega[editar | editar a fonte]

Disputaron os mundiais de Hamburgo tres galegos: Xavier Gómez Noia e Iván Raña na categoría elite e Aida Valiño na sub23. Todos eles fixérono dentro da selección española.

  • Aida Valiño retirouse na proba de bicicleta.
  • Iván Raña retirouse na cuarta volta da carreira a pé[1].
  • Xavier Gómez Noia proclamouse subcampión logo de ser derrotado ao esprín e por só 4" polo alemán Daniel Unger[2].

Resultados[editar | editar a fonte]

Proba Medalla de ouro Medalla de prata Medalla de bronce
elite mulleres Vanessa Fernandes • 1:53'27" Portugal Emma Snowsill • 1:54'31" Australia Laura Bennett • 1:54'36"
elite homes Daniel Unger • 1:43'18" Alemaña Xavier Gómez Noia • 1:43'22" Galicia Brad Kahlefeldt • 1:43'36" Australia
sub23 mulleres Lisa Norden • 2:01'24" Jasmine Oeinck • 2:02'15" Renata Koch • 2:02'41" Hungría
sub23 homes Gregor Buchholz • 1:49'31" Alemaña Brendan Sexton • 1"49'34" Australia Ivan Vasiliev • 1"49'40"
júnior mulleres Hollie Avil • 59'43" Ashleigh Gentle • 59'54" Australia Rebecca Robisch • 1:00'10" Alemaña
júnior homes Aurélien Raphael • 53'43" Francia Alistair Brownlee • 54'09" Vincent Luis • 54'14" Francia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]