Dunkerque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Dunkerque
Casa do concello
Praia de Dunkerque

Dunkerque (en neerlandés Duinkerke) é unha cidade portuaria do norte de Francia, no departamento de Norte, situada a 10 quilómetros da fronteira con Bélxica.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A poboación do concello era de 70.850 habitantes segundo o censo de 1999 e estimábase o 2004 en 71.300. Incluíndo poboacións próximas, a poboación de toda a súa área metropolitana era de 265.974 habitantes. O nome provén das palabras neerlandesas duin (duna) e kerk (igrexa).

Historia[editar | editar a fonte]

Rexión moi disputada entre España (pois pertencía aos Países Baixos españois), Inglaterra, os Países Baixos e Francia, non foi ata o 17 de outubro de 1662 que pasou definitivamente a soberanía francesa, cando Carlos II de Inglaterra llela vendeu por 40.000 libras. Durante o reinado de Luís XIV serviu de base para un gran número de corsarios, o máis famoso dos cales foi Jan Bart, coñecido por atacar barcos holandeses.

Xa bombardeada durante a Primeira Guerra Mundial, a cidade padeceu especialmente durante a Segunda. En 1940 foi escenario da evacuación de 300.000 soldados franceses e británicos, estes últimos pertencentes á Forza Expedicionaria Británica, cara a Gran Bretaña, ante o avance alemán, no que foi coñecido como Operación Dinamo (ver Batalla de Dunkerque).

O 14 de decembro de 2002, o Tricolor, un barco noruegués destinado ao transporte de coches, chocou co Kariba (rexistrado nas Bahamas) en fronte ás costas de Dunkerque, e afundiu, o que representou un inmenso perigo para a navegación no canle da Mancha. Xa á noite seguinte o Nicola, un barco alemán, tocou o naufraxio e tivo que ser remolcado para liberarse. O 1 de xaneiro de 2003 o barco de bandeira turca Vicky embarrancou nos restos do Tricolor, pero puido marchar ao subir a marea.

Economía[editar | editar a fonte]

Dunkerque é o terceiro porto máis grande de Francia logo do Havre e de Marsella. Tamén teñen importancia as industrias metalúrxica, alimentaria, petroquímica e naval. Dunkerque representa, ademais, un importante nó de comunicacións, con enlaces con tren de alta velocidade con Lille e París (ademais de trens de proximidade), por autoestrada con Flandres e Calais e por ferri con Ramsgate e Dover, en Gran Bretaña.

Eventos e atraccións turísticas[editar | editar a fonte]

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Dunkerque está irmandada con:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dunkerque

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]