Saltar ao contido

Saleta Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSaleta Castro

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntriatleta Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor en Wikidata

María Saleta Castro Nogueira, nada en Pontevedra o 3 de novembro de 1987, é unha triatleta profesional galega, campioa do Camiponato Nacional sub-23 (distancia olímpica) e do Campionato Nacional de Longa Distancia no ano 2010. Representa ao club galego Cidade de Lugo Fluvial, e adestra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Saleta Castro na Copa Europea en Quarteira, 2010.

En 2003, con 15 anos, participou na súa primeira competición ITU e clasificouse en quinta posición no Campionato de Equipo de Xuventude europeo en Győr (20 de xullo de 2003). En 2009 foi a número 1 no ránking de elite español aínda que só participara en tres dos 10 circuítos.[1] Nos Campionatos galegos sub-23 situouse segunda e no Campionato Elite clasificouse terceira[2]

En 2010 Saleta Castro foi a número 3 no ránking español elite[3] e gañou a medalla de ouro no Campionato elite galego[4]. A partir de 2011 centrouse nos tríatlons de longa distancia.

Competicións ITU[5]

[editar | editar a fonte]
Data Competición Lugar Posición
23 de xullo de 2005-07-23 Campionato Europeo (Júnior feminino) Alexandroupolis 20ª[6]
23 de xullo de 2005 Campionato Europeo (Júnior feminino por relevos) Alexandroupolis [7]
23 de abril de 2006 Copa de Europa Estoril 22
7 de maio de 2006 Copa de Europa Alexandroupolis 12
4 de xuño de 2006 BG World Cup Madrid 49
23 de xuño de 2006 Campionato Europeo júnior Autun 27
8 de outubro de 2006 Campionato Europeo, Panameircano e Iberoamericano Baeza 10
20 de maio de 2007 Copa de Europa Premium Sanremo 25
23 de xuño de 2007 BG World Cup Madrid 43
21 de xullo de 2007 Campionato Europeo sub-23 Kuopio 22
19 de abril de 2008 Copa de Europa Premium Pontevedra Non rematou
24 de maio de 2008 Campionato Europeo de Dúatlon sub-23 Serres 3
28 de xuño de 2008 9º Campionato do Mundo Universitario Erdek 19
3 de agosto de 2008 Copa de Europa Egirdir 10
24 de agosto de 2008 Copa de Europa e Campionato dos Pequenos Estados de Europa Weiswampach 16
6 de setembro de 2008 Campionato de Europa sub-23 Pulpì 24
22 de novembro de 2008 Copa de África Mombasa 1
5 de abril de 2009 Copa de Europa Quarteira Non rematou
17 de maio de 2009 Copa de Europa Premium Pontevedra 24
23 de maio de 2009 Campionato de Europa de Dúatlon sub-23 Budapest 7
14 de xuño de 2009 Campionato Europeo, Panamericano e Iberoamericano Ferrol 16
20 de xuño de 2009 Campionato de Europa sub-23 Tarzo Revine 16
18 de xullo de 2009 Copa de Europa Athlone 10
25 de xullo de 2009 Copa de Europa e Campionato dos Balcáns Varna 9
10 de xaneiro de 2010 Copa Panamericana Viña del Mar 8
15 de xaneiro de 2010 Copa Panamericana La Paz 6
11 de abril de 2010 Copa de Europa Quarteira 29
12 de xuño de 2010 Copa de Europa Premium Pontevedra 22
29 de outubro de 2010 Series Mundiais de Tríatlon de Longa Distancia Eivissa 3
30 de abril de 2011 Campionato do Mundo de Tríatlon Cross Estremadura 18
  1. http://www.triatlon.org/competiciones/normativa/ACT/1/FEM-%20Ranking%20Individual%20TRIATLON%20a%201-10-2009.pdf Arquivado 06-03-2012 en Wayback Machine.. Ránking a 1 de outubro de 2009.
  2. Documento na web da Federación Galega de Tríatlon.
  3. Ránking a 15 de decembro de 2010.[Ligazón morta]
  4. Documento na web da Federación galega de Tríatlon
  5. Resultados Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Archive Triathlon (en inglés)
  6. "Clasificación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  7. "Clasificación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2013.