Geoffrey Chaucer
| Geoffrey Chaucer | |
|---|---|
| Nacemento: | c.1340 Londres, Inglaterra |
| Falecemento: | 25 de outubro de 1400 Londres |
| Ocupación: | escritor, filósofo, diplomático |
Geoffrey Chaucer, nado contra 1340 e finado en 1400, foi escritor, filósofo e diplomático inglés. É común serlle atribuída a autoría dos Canterbury Tales, unha das obras máis importante da literatura inglesa medieval.
Traxectoria[editar]
Escribiu en inglés medio ou Middle English, contribuíndo á superación da literatura inglesa en Latín. Introduce o pareado de pentámetros como forma estilística, a cal dota dunha menor pesadez ao verso, e considérase como un dos grandes poetas da lingua inglesa. Chaucer viviu como unha especie de agregado da corte, o que lle garantiu excelente educación e tamén a posibilidade de dedicarse ás letras.
Durante a Guerra dos Cen Anos, en que participou como combatente, fixérono prisioneiro na Francia, o que lle rendeu o contacto coa poesía cortés, o que aguza o seu ouvido de poeta para a musicalidade. O seu interese pola poesía de corte foi crecente e acabou por xerar unha traducilón do famoso Roman de la Rose.[1]
Posibelmente no ano de 1343, fillo dun próspero mercador de viños, Geoffrey Chaucer conseguiu sobrevivir na infancia á peste negra. Cando era novo, tivo excelente formación ao se tornar paxe da corte do rei Eduardo III, consagrandose como un renomado tradutor do francés e do latín. De aí el incorporar nos seus Contos da Cantuaria, iniciados en 1386, pasaxes enteiras de obras como Roman de la Rose de Guillaume de Lorris e da Consolatione philosophiae do filósofo Boecio.
Mais ainda o mundo se lle ampliou coas suas misións diplomáticas cumpridas entre 1370-1378. Home educado na corte, afeito aos tratados, enviárono ao Flandres, a Navarra, a Francia e a Italia, onde entrou en contacto directo coas obras de Dante, de Boccaccio e de Petrarca (a quen consta ter coñecido persoalmente). A riqueza filolóxica que o cercaba foi incorporada á súa obra, dotando a lingua inglesa, desde aqueles tempos, da abertura e plasticidade que a fixo un idioma universal por excelencia, sempre pronto a acoller as contribucións estranxeiras vindas das mais diversas procedencias.
Chaucer morreu o 25 de outubro de 1400. Perturbado pola deposición de Ricardo II, ocorrida en 1399, o novo monarca Henrique Bolingbroke (ambos os reis serían futuros personaxes de Shakespeare), no entanto, restauroulle a pensión que lle fora retirada, impedindo que outras desgrazas o perturbasem, mais entón xa foi tarde. El foi o primeiro home de letras en ser enterrado en Westminster, a abadia que abrigaba as sepulturas reais da Inglaterra.
Notas[editar]
- ↑ Panorama da Literatura Inglesa. Caderno Entre Livros - Clássicos, nº 1. Editora Duetto. São Paulo (2007).