Lamas, Leiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lamas
Igrexa de Santa María de Lamas.
ConcelloLeiro[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°22′48″N 8°10′32″O / 42.37988525, -8.1755083Coordenadas: 42°22′48″N 8°10′32″O / 42.37988525, -8.1755083
Poboación124 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os fermosos montes de Pena Corneira, dende os que se ve case que media Galicia. E dende Pena Corneira vese tamén moi ben e moi cerca o fermoso pobo de San Xoán de Orega.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lamas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lamas no concello ourensán de Leiro

O Casar | Corneira | Nogueira | A Serra | Valboa

Parroquias de Leiro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]