Berán, Leiro
| Berán | |
|---|---|
| Igrexa de San Breixo de Berán. | |
| Concello | Leiro |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2011) 270 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 2 |
San Breixo de Berán é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2011 tiña 270 habitantes (135 homes e 135 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha suba de habitantes continuada en relación ao ano 2008, cando contaba con 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.
Índice |
[editar] Historia
Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das 9 entidades locais menores de Galiza.
[editar] Patrimonio
A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.
[editar] Festas e tradicións
As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo, sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto. A finais de Outubro celébrase a festa do Licor Café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Berán, Leiro.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Berán
| Lugares da parroquia de Berán no concello ourensán de Leiro | |
|---|---|
[editar] Parroquias de Leiro
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro | |
|---|---|
|
Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé) |