Francisco José Fernández Pérez
Francisco José Fernández Pérez, nado en Louredo (Cortegada) o 12 de xullo de 1959, é un farmacéutico e político galego do PPdeG.
Índice |
Traxectoria [editar]
Farmacéutico, é titular da oficina de farmacia de Leiro dende 1982. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro de Leiro polo PPdeG. Nas municipais de 1995 presentouse á alcaldía de encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións (1999, 2003, 2007, 2011) sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (1999-2003 e 2009-2011) e Presidente da Mancomunidade de concellos do Ribeiro dende 2009. Tamén é Presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense (2010-2011).
Nas eleccións xerais de 2011 presentouse nas listas do Partido Popular ao Senado pola provincia de Ourense e saíu elixido.
| Predecesor: - |
Alcalde de Leiro 1995 - actualidade |
Sucesor: no cargo |