Bieite, Leiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bieite.
Bieite
Concello Leiro
Área - km²
Poboación (Ano 2007) 123 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 2

Santo Adrao de Bieite é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 123 habitantes, deles 54 eran homes e 69 eran mulleres, isto supón un aumento de habitantes en relación ao ano 2002.

Índice

[editar] Patrimonio

A igrexa parroquial é barroca, do século XVIII, con retablos desta época e custodia do renacemento. A sancristía está abovedada e posúe retablo rococó presidido por un Cristo.

O monumento máis representativo é o Calvario, situado a 50 m da igrexa, separado da mesma por un Via crucis delimitado por un pequeno muro.

No centro do recinto están os tres cruceiros cunha mesa de ofrendas. Os cruceiros son sinxelos, sen imaxes nos crucifixos, alzados sobre un baseamento común, duns 3 x 1,2 m de base e 0,5 de altura, cuns chanzos de acceso. A cruz central, a de maior tamaño.

Os tres cruceiros son distintos entre eles, de bastante antigüidade pero posiblemente feitos en diferentes momentos. Posiblemente o Calvario foi construído recuperando materiais procedentes doutros lugares.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bieite

Lugares da parroquia de Bieite no concello ourensán de Leiro

Barzamedelle | Bieite

[editar] Parroquias de Leiro

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas