El Correo de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Correo de Lugo

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeLugo
Na rede
Galiciana: 3842 BVPH: 4364
editar datos en Wikidata ]

El Correo de Lugo foi un periódico editado en Lugo en varias etapas: de 1860 a 1861, de 1865 a 1866.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, apareceu o 20 de maio de 1860. Saía cada dez días. Impresa por Manuel Soto Freire, tivo como directores a José María Castro Bolaño e Manuel Vázquez de Parga.[1] Entre os redactores figuraban Nicolás Pardo Pimentel, Pedro Rozzi, Teolindo María Romero, Antonio Castro Martínez e Nicandro García Taboada. Publicación de tendencia moderada, a súa primeira época chegou ata 1861.

A segunda época, na que foi case sempre bisemanario, iniciouse o 8 de marzo de 1865. Modificou o subtítulo inicial polo de Periódico de interés general. Entre os temas que tratou destacan as polémicas sobre os foros e a introdución do ferrocarril en Galicia. Cesou a súa publicación o 27 de abril de 1866.

É posible que tivera unha terceira etapa entre 1877 e 1879 e é segura unha cuarta etapa a partir de agosto de 1899.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Soto (1997), p. 17.
  2. Revista Gallega, 232, 3-9-1899, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]