Camelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Camelo
Dromedario, Camelus dromedarius
Dromedario, Camelus dromedarius

Camelo bactriano, Camelus bactrianus
Camelo bactriano, Camelus bactrianus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Tribo: Camelini
Xénero: ''Camelus''
Linnaeus, 1758
Distribución do dromedario

Distribución do dromedario
Especies

Camelus bactrianus
Camelus dromedarius
Camelus gigas (fósil)[1]
Camelus hesternus (fósil)
Camelus sivalensis (fósil)[2]
Camelus moreli (fósil)

O camelo (Camelus) é un xénero de ungulados artiodáctilos (de número impar de dedos) que contén dúas especies: o dromedario (Camelus dromedarius), dunha xibas e o camelo bactriano (Camelus bactrianus), de dúas xibas. Ambos os dous son nativos de áreas secas e desérticas da Asia e do Norte de África. O nome camelo (Gl-camelo.ogg pronunciación ) ven do grego kamelos a partir do hebraico gamal, "camelo".

Os humanos teñen domesticado camelos desde hai milleiros de anos. Tanto o dromedario como o camelo bactriano úsanse para obtención de leite, carne e como animais de carga - o dromedario no norte da África e Oriente Medio e o camelo bactriano na Asia central. Ademais a súa pel utilízase para facer coiro e la.

Mesmo existindo arredor de 13 millóns de dromedarios hoxe en día, están extintos como animais salvaxes. Hai, porén, unha poboación salvaxe considerábel de ao redor do millón de exemplares que viven nos desertos da Australia central, descendentes de individuos que foron levados no século XIX e foron abandonados na primeira metade do século XX, ao aumentar o uso de vehículos de motor para transportar cargas[3].

O camelo bactriano posúe preto de 1,4 millóns de individuos, a maioría domesticados. Hai uns 1.000 camelos salvaxes no Deserto de Gobi e pequenos grupos en Irán, Afganistán, Turquía e Rusia.

Ambos os dous son animais herbívoros. Poden tomar case 120 litros de auga dunha soa vez que almacena ao igual que o alimento na súa xiba e que lle permiten aguantar semanas sen beber e sen comer.

Notas[editar | editar a fonte]