Deserto de Gibson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos desertos en Australia.

O Deserto de Gibson é un deserto localizado en Australia Occidental. Presenta unha superficie de 155.000 km² e os únicos australianos que a habitan son aboríxes. é un terreo areoso con dunas e herba seca. Entre a fauna máis característica cabe destacar ao canguro vermello e ao emú.

O Deserto de Gibson forma parte da meseta de Australia Occidental e esténdese entre o Lago Disappointment e o Lago MacDonald, ao longo do Trópico de Capricornio. é unha área onde abundan pedras e rochas. O nome do deserto débese a Alfred Gibson, explorador que morreu no seu intento de cruzalo durante unha expedición en 1874 xunto a outro explorador, Ernest Giles, que sobreviviu e bautizou ao deserto en honra ao seu compañeiro.

Clima[editar | editar a fonte]

As precipitacións no Deserto de Gibson roldan os 200-250 mm anuais. O clima é normalmente cálido, con máximas térmicas que alcanzan os 40º C en verán e 18º C en inverno.

Ambiente e vida salvaxe[editar | editar a fonte]

Debido á ausencia de agricultura e industria a gran escala en toda a rexión, o medio ambiente apenas sufriu cambios notables nos últimos tempos. Con todo, recentemente comezaron a establecerse algunhas especies alóctonas. Existen varias estacións gandeiras nos límites do deserto, pero a maioría non se utilizan ou son inaccesibles. A paisaxe, formado fai 200 millóns de anos, está composto por dunas de area fosilizada, alternadas con cortizas rochosas cubertas de herba seca. A ausencia de choiva e a intensa calor impediron ao home alterar este territorio. Esta ampla rexión árida está habitada por tribos aboríxes.

Lecer e turismo[editar | editar a fonte]

A Reserva Natural do Deserto de Gibson é moi popular debido aos seus tours en todoterreo polo deserto desde a famosa Gunbarrel Highway.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Deserto de Gibson atópase ao sur do Gran Deserto Areoso e ao norte do Gran Deserto de Vitoria, a unha altitude duns 500 msnm. Os maiores asentamentos disponse nas rexións máis elevadas (e máis frías).

Bioxeografía[editar | editar a fonte]

Rexións que conforman o IBRA, co Deserto de Gibson en vermello.

O Deserto de Gibson pertence a unha das rexións IBRA (Interim Biogeographic Regionalisation for Australia) de Australia Occidental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]