Formiga
| Formiga Rango fósil: Albiano – actualidade |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Formiga guerreira formando unha ponte |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Subfamilias | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ver lista
Cladograma das formigas subfamilias
Filoxenia das subfamilias existentes.[1][2] |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A formiga é un animal himenóptero que vive en galerías subterráneas. A súa sociedade está fortemente especializada en tres clases de individuos: machos, femias e obreiras. Os estudos máis recentes sobre o seu comportamento e súa fidelidade ao grupo indican que a orixe do mesmo está na identidade xenética entre si; de tal modo que entre elas existe un vínculo filial de irmandade que as predispón a cooperar pola supervivencia común das súas fillas e irmás.
As formigas son un dos grupos de insectos máis exitosos e son de interese pola súa habilidade de formar colonias avanzadas. As primeiras formigas apareceron no período cretácico tardío. A maioría das formigas non posúe ás, aínda que isto varía segundo individuos dentro dunha colonia.
Índice |
Colonias [editar]
Os ovos nas colonias son depositados por unha ou máis formigas raíña e a maioría destes medran para se converteren femias non aladas chamadas obreiras. Periodicamente prodúcense camadas de novas raíñas e machos, usualmente alados, os cales viven para reproducirse. Os machos morren pouco tempo despois da copulación, mentres que as raíñas sobreviventes achan novas colonias ou ocasionalmente regresan á súa antiga colonia.
Desenvolvemento [editar]
As formigas desenvólvense pou unha metamorfose completa, pasando polos estados larval e pupal antes de se converter en adultos. No estado larval unha formiga é completamente inútil xa que non posúe extremidades, polo que o seu coidado queda a cargo doutras formigas adultas. A diferenza entre raíñas e obreiras é determinada pola alimentación no estado larval. Tanto as larvas como as pupas deben ser mantidas a temperaturas relativamente constantes para asegurar un desenvolvemento adecuado, así que a miúdo son mudadas entre as diferentes cámaras de xestación da colonia.
Unha nova obreira pasa os seus primeiros días atendendo á raíña e ós xoves. Logo, gradúase e pasa a cavar e realizar outros labores. Máis tarde poderá buscar alimento e defender a colonia. Estes cambios son moi abruptos e definen o que se coñecen como castas temporais. Nalgunhas formigas existen tamén castas físicas. As formigas teñen un espectro de tamaños: obreiras menores, medianas e maiores. A miúdo as máis grandes posúen cabezas desproporcionadamente máis grandes con mandíbulas máis poderosas
Comunicación e comportamento [editar]
A comunicación entre as formigas prodúcese principalmente a través de compostos químicos chamados feromonas, e como a maioría dos tipos de formigas están moito tempo no chan, estas mensaxes químicas están máis desenvolvidas nelas ca noutros himenópteros. Deste modo, por exemplo, cando unha formiga recolectora encontra unha fonte de alimento, deixa un rastro químico no chan no seu camiño de volta ao formigueiro. Cando se encontra con outras formigas, comunícalles o achado vomitando parte do alimento e invítaas a seguir o rastro mediante sinais táctiles. Cando estas volven tamén ao formigueiro, reforzan o rastro, atraendo así a máis formigas, ata que a comida se termina, de forma que a partir dese momento o rastro non é reforzado e desaparece lentamente.
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de formigas de Galicia
As formigas na cultura popular galega [editar]
Refraneiro [editar]
- A formiga tamén quer a sua compañía.
- Cada formiga ten a sua irra. [3]
- Cando a formiga se quer perder, aas novas lle queren nacer.
- Dá Dios aas á formiga pra que morra máis axiña.
Cantigueiro [editar]
- Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas![4]
- Miña comadre formiga,/ meu compadre sandediós,/ temos os santos na casa/ encomendarnos a Dios.
Notas [editar]
- ↑ Ward, Philip S (2007). "Phylogeny, classification, and species-level taxonomy of ants (Hymenoptera: Formicidae)" (PDF). Zootaxa 1668: 549–563. http://www.mapress.com/zootaxa/2007f/zt01668p563.pdf.
- ↑ Rabeling C, Brown JM & Verhaagh M (2008). "Newly discovered sister lineage sheds light on early ant evolution". PNAS 105 (39): 14913–7. Bibcode 2008PNAS..10514913R. DOI:10.1073/pnas.0806187105. PMC 2567467. PMID 18794530. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2567467.
- ↑ ’’Irra’’ é variante local de ira, cólera.
- ↑ Refírese a Santa Baia de Ribadumia e San Martiño de Meis, parroquias estremeiras.
Véxase tamén [editar]
Outros artigo [editar]
Bibliografía [editar]
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.