Polo Sur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Polo sur")
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Polo.
Coordenadas: 90°S 0°W / 90°S -0°E
O Polo Sur, tamén coñecido como Polo Sur Xeográfico ou Polo Sur Terrestre, é un dos dous puntos nos que o eixe de rotación da Terra cruza a súa superficie. É o punto máis meridional da superficie da Terra e atópase no lado oposto ó Polo Norte. Está situado no continente da Antártida.
