Deserto de Libia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O deserto de Libia atópase ó nordeste do deserto do Sáhara. É un enorme mar de area situado entre o río Nilo e o Fezzan, principalmente explorado na Segunda Guerra Mundial. A pesares de ser coñecido polas súas dunas, tamén ten partes rochosas coma Iebel Uweinat e Gilf Kebir ou o famoso oasis de Kufra. Nas súas areas pereceu o exército do rei persa Cambises (Herodoto fala de ata 50 000 soldados) contra o oasis de Siwa, nos seus límites. Repleto de uadi e serir, atravesaron as súas areas personaxes tan coñecidos coma Laszlo E. Almásy ou Antoine de Saint-Exupéry, mentres que os seus habitantes permanentes nos oasis pertencen á tribo dos tebu.