Anticiclón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un anticiclón é unha zona atmosférica de alta presión, na que a presión atmosférica é superior a do aire circundante. O aire dun anticiclón é máis estable ca o aire que o circunda e descende sobre o solo desde as capas altas da atmosfera, producíndose un fenómeno denominado subsidencia. Gracias aos anticiclones temos situacións de tempo estable e ausencia de precipitacións, xa que a subsidencia limita a formación de nubes. A circulación do aire no interior dun anticiclón é inversa á dunha borrasca, é decir, no hemisferio norte a circulación é no sentido das agullas do reloxo (dextrógiro), e hemisferio sur é en sentido contrario as agullas do reloxo (levógiro).
Índice |
[editar] Formación
Os anticiclóns formanse cando unha masa de aire frío situada a certa altura tende a descender ata contactar co solo. Na zona de contacto hai moita presión e acumúlase moito aire, o vento tende a saír desde o centro cara ó esterior.
[editar] Tipos
- Anticiclón térmico
Un anticiclón térmico é o descenso dunha masa de aire debido a que está máis fría ca o seu entorno. Prodúcese cando o aire descende por enfriamento aumentando a presión atmosférica, a perda de temperatura é maior nas capas baixas que nas altas, provocando una inversión térmica. Ofrece un tempo seco, soleado e frío.
- Anticiclón dinámico
Un anticiclón dinámico é o descenso dunha masa de aire debido a que é empurrada cara a superficie da Terra por a advección en altura de masas de aire que a desprazan do lugar no que se atopa. Ofrece un tempo seco, soleado e caluroso.
[editar] Anticiclón dos Azores
É un anticiclón dinámico situado, normalmente, no centro do Atlántico Norte, á altura das illas dos Azores. É o centro de acción que induce sobre Europa, en xeral, e sobre España, en particular, proporciona tempo seco, soleado e caluroso durante o verán. Excepcionalmente tamén pode exercer a sua influencia no outono e na primavera, e incluso nalgunhas ocasións en invierno. Neste caso o centro do anticiclón situarse no centro do mar Cantábrico, provocando invernos secos e temperados.