Proceso adiabático
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un Proceso adiabático é un proceso de transformación termodinámica, é dicir, entre dous estados termodinaḿicos, no cal non hai trocos de calor co ambiente, a pesar de haber variación térmica. A enerxía interna transfórmase en traballo directamente. Coa perda de enerxía interna, hai diminución da temperatura e realización de traballo (aumento de volume). Co gaño de enerxía interna, hai aumento de temperatura e absorción de traballo (diminución de volume). O seu nome ven do grego ἀ-διὰ-βαῖνειν (sen paso a través).
[editar] Gases ideais (procesos reversíbeis)
A ecuación que pode ser utilizada no estudo básico de transformacións adiabáticas é a Lei de Laplace Poisson:
ondeP é a presión, V o volume, e
Tendo CP como calor específico a presión constante e CV como calor específico a volume constante. α é o número de graos de liberdade dividido por 2 (3/2 para gases monoatómicos gas, 5/2 para diatómicos). Para un gas ideal monoatómico, γ = 5 / 3, e para un diatómico (como o nitróxeno ou osíxeno, γ = 7 / 5.
Para procesos adiabáticos reversíbeis, é tamén certo que:
onde T é temperatura absoluta.
Isto pódese por como:
Pola contra nun proceso adiabático irreversible prodúcese un aumento de entropía específica[1]
[editar] Notas
- ↑ Jürg Waser Termodinámica química fundamental. Reverte, 1972, páxina 66




