Chacal de lombo negro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chacal")
Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
| Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. |
| Chacal | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Canis mesomelas | ||||||||||||
O chacal de lombo negro (do persa شغال shoghal) (Canis mesomelas), é un membro da familia canidae.
Cun ano de idade alcanza a madurez sexual. Ten de 4 a 8 crías, e precisa dun período de xestación de dous meses. O seu peso de adulto é de 10 a 15 kg, cunha longura de 80 cm a un metro, e unha rabeira de 20 cm.
Ten hábitos nocturnos, e durante o día escapa da calor refuxiándose no seu escondedoiro entre as rochas, ou debaixo da vexetación. Posúe unha gran resistencia que lle permite correr grandes distancias.
Gosta dunha vida solitaria, pero pode chegar a formar pequenos grupos conformados pola súa propia familia. Aliméntase de pequenos mamíferos, insectos e réptiles, pero prefire as carnizas.