Iac
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iac de Sikkim
O iac (Bos grunniens) é un bóvido que habita as montañas do Himalaia e Tibet chegando a súa distribución ata Mongolia e Rusia.
O iac salvaxe (Bos grunniens mutus) é de cor escura, de la longa sobre as patas e abdome.
O doméstico pode ser tamén de cor branca, do tamaño dun boi de corpo tronchudo, curto pescozo e cabeza máis ben pequena.
Os habitantes de Asia central, apréciano moito como animal de carga e aproveitan a súa la para fiar e facer teas, así como o leite, do que obteñen unha excelente manteiga. A carne sérvelles de alimento e da pel fan vestidos contra o frío.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Vacas, bisontes y búfalos (en castelán) Consultada o 12/5/2012.