Lago salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un lago salgado ou lago salino é un corpo illado de auga que posúe unha concentración de sales (principalmente cloruro sódico) e outros minerais significativamente maior ca outros lagos (a condición de lago salino adoita establecerse en 3.000 miligramos de sal por litro). Nalgúns casos, os lagos salgados poden chegar a ter unha concentración de sal superior á auga de mar.

Características[editar | editar a fonte]

Os lagos salgados fórmanse cando as augas que flúen cara ao lago, que conteñen sales ou outros minerais, non poden abandonalo debido a que o lago é unha conca endorreica terminal. Ao evaporarse, a auga deixa detrás calquera sal que ficase disolto, aumentando así a súa salinidade, razón pola que os lagos salgados son lugares axeitados para a produción de sal. A alta salinidade condiciona así mesmo a flora e a fauna do lago en cuestión; de feito, en ocasións o resultado pode chegar a ser a ausencia case total ou total de vida no devandito lago.

Se a auga que flúe cara ao lago é menor cá cantidade de auga evaporada, o lago pode chegar a desaparecer e deixar unha chaira salgada ou salgar, tamén chamada praia.

Lagos destacados[editar | editar a fonte]

Pilas de sal no salgar de Uyuni, Bolivia

Por tamaño, o tres maiores lagos salgados no mundo son o mar Caspio, o mar de Aral e o lago Baljash. O maior lago salgado no hemisferio occidental é o Gran Lago Salgado, o cuarto en tamaño do mundo tras o tres anteriores.

O lago salgado coa maior altitude é o lago Namtso, mentres que o lago de menor altitude é o mar Morto, que é así mesmo o punto máis baixo de todas as terras emerxidas.

Dende o século VIII, o sal do lago Baskunchak de Rusia foi explotado e distribuído a través da Ruta da Seda. Na actualidade, a industria do sal deste lago (que posúe un 99,8% de pureza de cloruro sódico) supón o 80% da produción total de sal de Rusia. Dependendo das necesidades, xera entre 1,5 e 5 millóns de toneladas de sal cada ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]