Lagarta
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Lagartas | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación Científica | ||||||||||||
|
O grupo das lagartas pertence á familia de réptiles escamosos dos lagartos. As lagartas son orixinarias da África, e encóntranse espalladas en todas as zonas temperadas e quentes do mundo. Son moi importantes para o medio ambiente porque, como insectívoros, funcionan como "controladores" de pragas domésticas.
As lagartas poden subir paredes, mesmo de vidro, e até andar sobre teitos grazas ás forzas de van der Waals estabelecidas polas cerdas existentes nas súas patas. Algunhas especies presentan capacidade de camuflaxe similar á do camaleón. Outras especies de lagartas comunícanse entre si a través de ruídos -o que non é moi comun entre lagartos-.
A lagarta posúe respiración estritamente pulmonar, a súa circulación é fechada, dupla e completa, posúe pel seca e recuberta por escamas. É pecilotérmico e o sistema dixestivo é completo.
Unha característica interesante nas lagartas é a capacidade de rexenerar o seu rabo. Cando se sente en perigo, a lagarta desprende a cauda, que non perde o movemento durante algúns minutos, o que eventualmente desorienta os seus predadores. A rexeneración completa do rabo ocorre en dúas semanas.
Índice |
Lagartas presentes na Galiza [editar]
- Lagarta das brañas (n.c. Lacerta vivipara)
- Lagarta da serra (n.c. Iberolacerta monticola)
- Lagarta galega (n.c. Podarcis bocagei)
- Lagarta común (n.c. Podarcis hispanica)
- Lagarta dos muros (n.c. Podarcis muralis)
- Lagarta rabuda (n.c. Psammodromus algirus)
- Lagarta cinzenta (n.c. Psammodromus hispanicus)
As lagartas domésticas mais comúns no Brasil son as da especie Hemidactylus mabouia.
Varias especies de lagarta poden ser mantidas como animais de estima. Na Galiza e no Brasil, ese hábito non é popular, mais nos Estados Unidos, as lagartas son bastante comúns e até postas en valor.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de réptiles de Galicia.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- GALÁN REGALADO, P. E FERNÁNDEZ ARIAS, G.: Anfibios e réptiles de Galicia, Colección Montes e Fontes, Ed. Xerais, Vigo, 1993.