Deserto de Arabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do Deserto de Arabia.

O deserto árabe é unha rexión desértica da Península Arábiga, que cobre unha extensión de preto de 2 330 000 km², ocupando case a totalidade do istmo. O ser humano residiu nestes terreos dende épocas do Plistoceno.

Sitúase na súa maior parte dentro de Arabia Saudita e outras grandes zonas atópanse no interior de Xordania, Iraq, Qatar, Kuwait, Omán, Iemen e os Emiratos Árabes Unidos. O seu relevo avístase alterado por unha serie de cadeas montañosas, con elevacións que alcanzan alturas de 3.700 m e que limitan en tres ladeiras con prominentes acantilados.

Polo menos un terzo do deserto está cuberto por area, como os areais do Rub al-Jali, que se considera un dos máis inhóspitos climas do planeta.