Eurocopa de Fútbol Portugal 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UEFA Euro 2004™
Campeonato da Europa de Futebol 2004
Cerimonia de inauguración
Detalles do torneo
Organizador Flag of Portugal.svg Portugal
Datas 12 de xuño4 de xullo
Equipos 16 (de 51 participantes)
Sedes 10 (de 8 cidades)
Resultado
Campión Grecia Grecia
Subcampión Flag of Portugal.svg Portugal
Terceiro República Checa Chequia
Cuarto Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Estatísticas
Partidos 31
Goles 77 (2,48 por partido)
Asistencia 1.156.473 (37.306 por partido)
Goleador República Checa Milan Baroš (5)
Mellor xogador Grecia Theodoros Zagorakis
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Bélxica/Países Baixos 2000   Soccerball.svg   Austria/Suíza 2008 ►►

A Eurocopa do ano 2004 tivo a súa sede en Portugal entre o 12 de xuño e o 4 de xullo de 2004. A selección gañadora desta edición foi a grega, que na final venceu por 1 gol a 0 fronte a Portugal. O autor do tanto foi Angelos Charisteas.

Grecia protagonizou a sorpresa, derrotando a selección local de Portugal na final, Grecia, un equipo de segunda categoría a nivel europeo, non tiña ningunha posibilidade antes do torneo.

As apostas corrían 1/100 de que Grecia gañaría o torneo, porén, a súa defensa e a súa habilidade de xogo puideron máis, permitindo que o conxunto helénico gañase o primeiro título internacional da súa historia.

Gregos celebrando a vitoria do seu país nas rúas.