Football League Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Football League Cup
Fundación 1960
Rexión Inglaterra Inglaterra
Gales Gales
Equipos 92
Actual campión Swansea City (1º título)
Máis laureado Liverpool (8 títulos)
Sitio web www.thefa.com

A Football League Cup (do inglés: Copa da Liga de Fútbol), coñecida por motivos de patrocinio como Capital One Cup, é unha competición de fútbol de Inglaterra. Do mesmo xeito que na Copa de Inglaterra, xógase cun formato de eliminación directa, aínda que a diferenza dos 674 equipos que entraron á FA Cup na tempada 2005-06, a esta copa só poden entrar 92 equipos: os 20 equipos da FA Premier League, e os 72 equipos da Football League, que organiza a competición.

Ademais, ao contrario que a FA Cup, as semifinais xóganse en partidos de ida e volta. O gañador da Copa da liga clasifícase para a UEFA Europa League, se non clasificou para outra competición europea doutra forma. O club con máis títulos é o Liverpool con oito.