Kátia Aveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kátia Aveiro
Nome completoKátia Liliana dos Santos Aveiro
AliasKátia Aveiro
Data nacemento5 de outubro de 1977 (46 anos)
Nado enFunchal, Illas Madeira Portugal
FillosJosé Dinis Pereira Aveiro
IrmánsCristiano Ronaldo, Elma dos Santos Aveiro e Hugo dos Santos Aveiro
OcupaciónCantante,
XéneroPop, Eurodance, Balada
Instrumento(s)Voz
Relacionado conCristiano Ronaldo
Tempo en activoDende 2005
PseudónimoRonalda e Kátia Aveiro
Na rede
http://www.ronaldanews.pt.vu/
Facebook: officialKatiaAveiro Twitter: KatiaAveiro Instagram: katiaaveirooficial Musicbrainz: 2ea43aa7-ff2f-4676-9536-c55d48165a08 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kátia Liliana dos Santos Aveiro, máis coñecida como Kátia Aveiro ou Ronalda é unha cantante portuguesa.

Comezou a súa carreira no ano 2005, co alcume de Ronalda pero no 2013 saca o primeiro sinxelo co seu nome, Katia Aveiro, Boom sem parar.

Carreira[editar | editar a fonte]

2005-13: Ronalda[editar | editar a fonte]

No 2005 comeza a súa carreira musical baixo o alcume de «Ronalda», facendo referencia ao seu irmán, o futbolista Cristiano Ronaldo. A maioría das cancións que compón Kátia son baladas, xa que falan do amor e teñen un ritmo lento.

O seu primeiro disco, chamado Pronta pra te amar, foi editado en 2005 e constaba de once cancións totalmente en portugués, o primeiro sinxelo levaba por título o mesmo que o CD: Pronta pra te amar.

Ao ano seguinte, Kátia, despois do seu éxito obtido, lanzou Esperança (2006). Foi tal o éxito deste cd en Portugal que Kátia fixo a súa primeira xira, Esperança Tour, por todo o país. A canción que máis repercusión tivo foi «Obrigada man», unha canción dedicada ao seu irmán Cristiano Ronaldo.

Kátia publicou o seu terceiro disco de estudo, chamado De corpo e alma, un disco bastante decisivo na súa carreira, xa que despois deste cd, estaría sen volver cinco anos aos escenarios. O disco contén a canción de apoio á selección de fútbol portuguesa no Mundial de Fútbol de 2006, e unha canción ao seu pai falecido, Dinis Aveiro, chamada Hope to see you.

Dende 2013: Kátia Aveiro[editar | editar a fonte]

Despois de cinco anos, Kátia deixou de ser Ronalda para volver aos escenarios. Foi producida por Redone, o produtor de Just dance (de Lady Gaga) e Live it up (de Jennifer Lopez), entre outros. A canción principal chámase Boom sem parar, e saíu ao mercado en 2013, unha canción que en menos de quince días contaba cun millón de visitas en Youtube.

Kátia obtivo tanto éxito, que é o seu primeiro traballo internacional, tendo presentacións en Portugal, Galiza, España, Francia e o Brasil. O 28 de febreiro de 2014 anunciouse que participará na nova edición do reality espectáculo, Superviventes 2014 na cadea española Telecinco.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notass[editar | editar a fonte]

  1. "Supervivientes 2014 ficha á irmá de Cristiano Ronaldo, Kátia Aveiro". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. "Kátia canta no plató do Sálvame". Arquivado dende o orixinal o 13-03-2014. Consultado o 12-03-2014. 
  3. "Kátia Aveiro, Tamara e Maria del Monte no Luar". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  4. Kátia Aveiro presenta o seu novo álbum en Só Visto!
  5. "Kátia Aveiro saca CD en Você na TV!". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  6. Kátia Aveiro canta Paula Fernandes en A túa Cara Não Me é Estranha
  7. Kátia nos Globos de Ouro[Ligazón morta]