Vicepresidente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un vicepresidente é un funcionario (de carreira ou de facto) do Goberno, ou un empresario que está baixo o presidente na xerarquía organizacional.[1] O nome deriva do latín «vice» (en lugar de).[2]

O vicepresidente do país é o nomeado para substituír o presidente en caso de ausencia, temporal ou definitiva. É a persoa que, ben o pobo, ou ben o propio presidente do Goberno de xeito directo, nomea para substituílo no cargo sen requerir novas eleccións ou discusións parlamentarias.

O vicepresidente sempre será vicepresidente mentres o presidente manteña legalmente a cabeza do Goberno. As viaxes do presidente non o inhabilitan do seu cargo.

Notas[editar | editar a fonte]