Alex Ferguson
Ferguson en Old Trafford |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Sir Alexander Chapman Ferguson | ||
| Nacemento | 31 de decembro de 1941 (71 anos) | ||
| Lugar | Glasgow, Escocia | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Manchester United (adestrador) | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1957–1960 | Queen's Park | 31 | (15) |
| 1960–1964 | St. Johnstone | 37 | (19) |
| 1964–1967 | Dunfermline Athletic | 89 | (66}) |
| 1967–1969 | Rangers | 41 | (25}) |
| 1969–1973 | Falkirk | 95 | (36}) |
| 1973–1974 | Ayr United | 24 | (9}) |
| Total | 317 | (170) | |
| Selección nacional | |||
| 1967 | Escocia | 7 | (9) |
| Adestrador | |||
| 1974 | East Stirlingshire | ||
| 1974–1978 | St. Mirren | ||
| 1978–1986 | Aberdeen | ||
| 1985–1986 | Escocia | ||
| 1986– | Manchester United | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Sir Alexander Chapman "Alex" Ferguson, CBE, nado en Govan (Glasgow) o 31 de decembro de 1941, é un adestrador e ex-futbolista escocés, técnico do Manchester United dende 1986.
Traxectoria [editar]
Adestrou ao East Stirlingshire, ao St. Mirren e ao Aberdeen, desde onde se trasladou ao banco de Old Trafford. Tamén foi seleccionador escocés tras a morte de Jock Stein. Adestrou durante máis de dúas décadas ao Manchester United, converténdose no técnico con máis anos no equipo desde Matt Busby (1945-1969).
Con el no banco, o United obtivo once campionatos ligueiros e dous títulos europeos, máis títulos que en toda a súa historia até o mento. Tamén foi nomeado «adestrador do ano» en máis ocasións que calquera outro na historia. En 1999 converteuse no único adestrador en obter nun mesmo ano e cun equipo británico Premier League, FA Cup e Champions; así mesmo, é o único adestrador que se impuxo na FA Cup en cinco ocasiones, así como o único técnico en obter a Premier co mesmo equipo en tres ocasiones consecutivas (1998-99, 1999-00 e 2000-01; 2006-07, 2007-08 e 2008-09). En 2008 converteuse, despois de Brian Clough (Nottingham Forest) e Bob Pasley (Liverpool), no terceiro adestrador británico en obter en dúas ocasións a Champions League.
No plano individual é membro do English Football Hall of Fame e comandante do Imperio Británico (CBE), honra que lle concedeu Sabela II en 1999. Ademais, despois de conducir ao equipo da cidade cara á "idade de ouro" da súa historia, o concello de Aberdeen concedeulle o Freedom of the City of Aberdeen.