Río Gambia
| Río Gambia | |
|
O Gambia no Parque Nacional de Niokolo Koba |
|
| País | Guinea, Senegal, Gambia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Fouta Djalon |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 1.120 km |
| Caudal medio | 2000 m³/s |
| Conca | 69.931 km² |
| Desembocadura | Océano Atlántico |
O Gambia é un dos máis importantes ríos de África Occidental, cun curso de 1.120 km, que atravesa tres países, Guinea, Senegal e Gambia. Este último debe o seu nome ao río mesmo, pois báñao na metade da súa lonxitude.
Índice |
Percorrido [editar]
O Gambia nace no planalto do Fouta Djalon, perto da cidade de Labé, no norte de Guinea), na mesma zona onde xurden os ríos Senegal e Nixer.
Corre logo ao noroeste pola provincia de Tambacunda no Senegal e despois, máis amplo, atravesa o Parque Nacional Niokolo-Koba, nese mesmo país. Axúntanselle, máis adiante, os ríos Nieri Ko e o Koulountou, abandonando en Barrakunda o planalto, para entrar na ancha e chaira zona costeira.
Alcanza o territorio nacional de Gambia en Fatoto, percorrendo o país de leste a oeste. Desauga no océano Atlántico en Banjul, a capital de Gambia, onde forma un amplo estuario de 22 km de ancho, entre o Cabo Saint Mary (Gambia) e Jinnak Creek (Senegal). Esta ampla foz fai que a influencia oceánica penetre profundamente no río, onde os derradeiros 200 km de curso son de auga salgada.
Illas [editar]
- Hai varias illas no río, entre as que cómpre citar a de Georgetown, que contén a cidade de Janjanbureh, e a de Baboon, onde habitan babuínos. Nesta illa atópanse aínda algúns hipopótamos e tamén crocodilos.
[editar]
O río é navegábel desde a desembocadura até a poboación de Kuntaur, 248 km río arriba, para barcos grandes. Embarcación menores poden remontar as augas até 447 km, a contar desde o estuario, podendo alcanzar a localidade de Fatoto, xusto onde o río penetra no territorio de Gambia.
Afluentes [editar]
- Pola esquerda: Bintang Bolong, 130 km de lonxitude.
- Pola dereita: Bao Bolong, 100 km de lonxitude.
A ter en conta que bolongo en lingua mandinka ou mandinga, significa "río", na que o mesmo Gambia é denominado Kambya bolongo.