Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abella común (Apis mellifera).

As abellas son insectos himenópteros da familia dos ápidos, voadores, sociais, emparentados coas avespas e as formigas. Moitas delas poden ser de utilidade para o home, xa como produtoras de mel e cera, xa como vehículo na fecundación das plantas con flores, ou ben como destrutoras doutros insectos daniños.

Índice

[editar] Diferenzas morfolóxicas

As abellas, como moitos outros insectos sociais, presentan diferenzas morfolóxicas, o que dá lugar a distintas castes: machos, femias fértiles e obreiras. Na abella común, doméstica ou melífica, Apis mellifera, domesticada polo home, estas castes están representadas polos machos ou abáboros, dos que hai varios en cada colmea, a abella raíña ou abella mestra, da que só hai unha en cada colmea, e que son unicamente encargados da reprodución, e as obreiras, que son a inmensa maioría, e que teñen como misión a recolección do néctar, a elaboración da cera e do mel, a alimentación das larvas, dos machos e da raíña (a esta, mentres está na fase larvaria, coa chamada xelea real, que converterá a esta larva en nova raíña), a construción dos favos, a limpeza da colmea, etc. Os individuos reprodutores, abáboros e raíña, teñen un tamaño aproximado de 2 cm, mentres que as obreiras só chegan a 1,5 cm.

[editar] Características

As abellas obreiras teñen unha lingua longa que empregan para obter o néctar das flores. As antenas das abellas están formadas por trinta segmentos nos machos e doce nas femias. Teñen dous pares de ás, o último é o máis pequeno dos dous. As patas das obreiras están adaptadas para coller o pole e o apéndice do final do abdome é unha transformación do oviscapto (que só posúen as raíñas) nun aguillón conectado a unha glándula produtora de veleno, que usan para se defenderen. Hai arredor de 16.000 especies descritas, pero posibelmente o número total de especies estea en 30 000. O 80% das especies son solitarias e o resto son especies sociais que viven en comunidades: entre as máis avanzadas atópanse as abellas do mel.

[editar] Anatomía da abella

Schéma abeille-tag.svg
Órganos (dunha obreira)
1 Lingua
2 Orificio do conduto excretor da glándula da mandíbula posterior
3 Mandíbula inferior
4 Mandíbula superior
5 Labio superior
6 Labio inferior
7 Glándula da mandíbula frontal (glándula mandibular)
8 Glándula da mandíbula posterior
9 Abertura da boca
10 Glándula da farinxe
11 Cerebro
12 Ocelos
13 Glándulas salivares
14 Músculos torácicos
15 Postfragma
16 Á anterior
17 Á posterior
18 Corazón
19 Estigmas
20 Saco aéreo
21 Intestino medio (estómago)
22 Válvulas cardíacas
23 Intestino delgado
24 Tubos de Malpighi
25 Glándulas rectais
26 Bolsa de excrementos
27 Ano
28 Funda do aguillón
29 Bolsa do veleno
30 Glándulas do veleno
30 Arcos da canle do aguillón
32 Pequena glándula
33 Vesícula seminal
34 Glándulas ceríferas
35 Ganglios abdominais
36 Tubo da válvula
37 Embude da válvula ou intestino intermedio
38 Copa (entrada do estómago)
39 Bolsa do mel (buche)
40 Aorta
41 Tubo dixestivo
42 Cordón neuronal
43 Palpos labiais
44 Metatarso
a Coxa
b Trocánter
c Fémur
d Tibia
e Tarso con tarsómeros e unllas

[editar] A abella na cultura popular

Ver artigo principal: a abella na cultura popular galega.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de abellas de Galicia

[editar] Véxase tamén

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas