Cacahuete
| Cacahuete | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cacahuetes |
|||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||
| Non está ameazada | |||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Arachis hypogaea'' L. |
|||||||||||||||||||
O maní ou cacahuete (Arachis hypogaea) é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos frutos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.
Índice |
[editar] Características
A planta é fibrosa e mide de 30 a 50 cm de altura. Os froitos medran baixo a terra dentro dunha casca leñosa que, normalmente, conten dúas sementes. Vulgarmente coñécese como froito seco.
[editar] Cultivo
A. hypogaea, que é de orixe americana, foi cultivada para o aproveitamento das súas sementes desde hai 4000 ou 5000 anos. Os conquistadores españois observaron o seu consumo en México-Tenochtitlan, a capital do imperio azteca, no século XVI, e posteriormente distribuírono por Europa e o resto do mundo, xunto con outros mercantes europeos. Cultivase en maio, e recolectase a finais do outono.
O que non puideron observar os españois foi que xa o Señor de Sipán, no norte do Perú, adornábase con réplicas de manís en ouro: orelleiras, colares e demais xoias que se exhiben agora no Museo de Sipán. As Tumbas Reales de Huaca Rajada foron descubertas en 1987 e asombra a súa tecnoloxía no manexo dos metais. Pertencente á cultura pre-inca dos Mochicas, dataouse no ano 250 d.c.
Na actualidade o seu cultivo estendeuse amplamente por rexións da Asia e África. As cascas, obtidas como subproduto, empréganse como combustíbel.
[editar] Pragas
A infección por certas especies de fungos (Aspergillus flavus ou A. parasiticus) contamina as sementes con aflatoxinas, perigosas substancias canceríxenas.
[editar] Nomenclatura
O termo ven do náhuatl tlālcacahuatl, que significa cacao da terra, de tlalli: 'terra, chan', porque a vaíña das súas sementes está baixo terra e cacahuatl: 'grans de cacao'. A árbore e o seu froito coñécense en México como cacahuate ou cacahuete. Mentras que no español da España se adoptou este último termo, en case todos os demais países de fala hispana emprégase o vocábulo taíno maní.
[editar] Usos
Con este froito obtéñense alimentos tales como a manteiga de cacahuete ou o aceite de cacahuete moi empregado na cociña da India e do sureste da Asia.
En México é común encontralos en diferentes presentacions como botana ou lamboada (salgados, xaponeses, garrapiñados, enchilados, etc.) ou en forma dun doce tradicional moi nutritivo feito con manís e mel chamado palanqueta (tamén se pode facer con outras sementes, como pebidas de cabaza). Así mesmo, úsase para preparar distintos guisos, como o polo en salsa de cacahuate.
En España consómese a semente crúa ou torrada, denominándose entón panchito nalgunhas áreas localizadas.
Na Arxentina, gran produtor de mani, este consómese torrado cos seus grans ou en garrapiñadas e pralinés ou recubertos por unha capa de chocolate ou, á inversa, dentro de libras de chocolate, sendo tamén un dos compoñentes principais das picadas; cando se vai a un bar, pub, restaurante ou "boliche" arxentino e se pide unha cervexa é moi común que esta sexa acompañada de "yapa" (gratuitamente) co que se chama "con ingredientes", os cales consisten nun pratiño ou pequena bandexa que conteñ grans de maní torrado e salgado, xeralmente acompañados por unha pequena porción de patacas fritas e "palitos salados" (pequenos paus feitos dunha masa de fariña, os cales están fritos e salgados).
Canto áa manteiga de maní, esta prodúcese en gran cantidade, mais o seu destino acostuma ser a exportación (o gusto por tal "manteiga" está relativamente pouco difundido aínda entre a poboación arxentina), aínda que é moi común que se consuma nunha especie de variante sólida moi parecida a un turrón: a chamada mantecol, que se toma na sobremesa.