Giovanni Pierluigi da Palestrina
| Giovanni Pierluigi da Palestrina | |
| Nome completo | Giovanni Pierluigi da Palestrina |
| Data de nacemento | 1525 ou 1526 |
| Lugar de nacemento | Palestrina, |
| Data de falecemento | 2 de febreiro de 1594 |
| Lugar de falecemento | Roma, |
| Instrumento(s) | Órgano |
Giovanni Pierluigi da Palestrina, nado o 3 de febreiro de 1525 e finado o 2 de febreiro de 1594, foi un compositor italiano de repertorio coral do Renacemento. Foi o máis famoso representante da Escola Romana, no século XVI.
Compositor prolífero, publicou moito en vida e súas obras foron apreciadas como óperas primas da polifonía.
Índice |
Produción [editar]
O "corpus musicale" palestriniano foi escrito na súa maioría en Roma para uso principalmente litúrxico, é dicir, para a misa e o oficio relixioso. Unha boa parte de súa produción tivo lugar no período do seu último cargo na basílica de San Pedro do Vaticano. O coro da capela vaticana era, naquel tempo, máis vasto que o de calquera outra igrexa (en 1594 estaba composto, en total, por 24 cantantes), mais non se adoptou ao uso de instrumentos, con excepción do órgano.
A linguaxe polifónica de Palestrina non se distanciou tanto da maneira tradicional dos mestres franco-flamengos (os nórdicos foron os seus primeiros mestres en Roma). A arte contrapuntística de Palestrina desenvolveuse, sobre todo, en dirección á intelixibilidade da palabra e a unha sonoridade ordenada de maneira que se evitase a enunciación simultánea de textos diferentes.
No que se refire ao desenvolvemento das liñas melódicas, é evidente a influencia do canto gregoriano. Neste sentido, podemos dicir que o compositor aplicaba as regras do Concilio de Trento.
Obras principais [editar]
- 104 misas,
- 375 motetes
- Magnificat, Lamentacións de Xeremías
- 42 madrigais sacros
- 91 madrigais profanos
- 68 ofertorios
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- TAMMINGA, L. (edición a cargo de). Ricercate sugli otto toni (Roma, Biblioteca Corsiniana Mus. M 14.) / Thesaurum absconditum (Roma, Biblioteca Corsiniana Mus. S 10). Andromeda Editrice, 2003, ISBN 8888643117