Simone Weil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSimone Weil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1909 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Ashford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBybrook Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo não-denominacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
Universidade de París
École Normale Supérieure
Lycée Fénelon, Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía política, Ética, poesía, metafísica e Cosmogonía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , sindicalista , membro da resistencia francesa , autora de diarios , poeta , escritora , autobiógrafa , profesora de ensino secundario , tradutora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 24 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioÉmile Novis
S. Galois Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndré Weil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0917979 iTunes: 422282213 Musicbrainz: 6eeda528-adb1-4f1b-af68-8f3eee096b4b Discogs: 3403722 WikiTree: Weil-922 Find a Grave: 10451050 Editar o valor em Wikidata

Simone Weil, nada en París o 3 de febreiro de 1909 e finada en Ashford o 24 de agosto de 1943, foi unha filósofa francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Simone Weil nace en París no seo dunha familia xudía, intelectual e laica. Foi alumna do filósofo Alain, ingresando aos 19 anos na École Normale Superieure; graduouse en 1931.[1] Durante algúns anos foi profesora de instituto até que decidiu traballar como simple obreira. Un diario conservador ponlle o alcume de "a virxe vermella", pola súa estraña combinación de preocupacións pola situación social e pola pureza e a verdade. Despois dun breve retorno á docencia, en 1936 participa na guerra civil española, xunto a grupos anarquistas, pero un accidente obrígaa a volver a Francia.

En 1937 visita Italia, e en Asís inicia unha aproximación cara ao catolicismo, ou máis ben a unha forma de relixiosidade esencial.

En 1942, fuxindo do nazismo, parte coa súa familia a Nova York, pouco despois volve a Londres para participar nas actividades da Francia libre. Intentando compartir a desventura e o sufrimento da guerra co movemento da resistencia, pediu intervir nalgunha misión perigosa[Cómpre referencia], pero só conseguiu traballar nas oficinas de "France libre" en Londres, redactando informes.

En 1943 diagnostícanlle tuberculose, aínda que había xa tempo que estaba enferma. No hospital négase a consumir alimentos e déixase morrer.

Albert Camus describiuna en 1951 como "o único grande espírito do noso tempo".[2]

Pensamento[editar | editar a fonte]

As obras de Simone Weil, que foron publicadas todas a título póstumo, darían lugar a interpretacións de corte católico, marxista, e tamén feminista. Nos difíciles anos nos que viviu tan só chegou a publicar artigos e ensaios nalgunhas revistas de tendencia trotskista, aínda que chegou a ser bastante coñecida sobre todo por frecuentar os ambientes do sindicalismo revolucionario. Nela está baseada, por exemplo, a polémica personaxe de Lazare que Bataille creara para a súa novela O azul do ceo.

No seu primeiro traballo sobre Descartes xa está a idea de que o traballo xera ciencia e coñecemento, é produtivo, mentres que o poder é sempre unha instancia parasitaria. Weil rexeita o mito revolucionario do poder positivo; aínda que se trate dun poder proletario, sempre é necesaria algunha resistencia que se lle opoña. Neste senso, estaba próxima ás tendencias trotskistas, de feito traduciu ao francés A revolución permanente de Trotski e mantivo un longo diálogo con el durante a súa estadía en París.

Mentres que Trotski seguía a propoñer os partidos obreiros como suxeito revolucionario, Weil cría que só os sindicatos poderían dar vida á "Fronte única", pero estes atopábanse paralizados polos partidos. Para Weil, a revolución e o comunismo xa morreran en 1933 en Europa, vencidos polo totalitarismo, mentres que na URSS, a revolución levada a cabo "nun só país" transformara este nun inmenso cárcere.

Ademais, fronte ao que pensaba Marx, Weil cre que a organización do traballo non é facilmente transformábel, xa que o poder non só o exercen os capitalistas, senón tamén a burocracia técnica e administrativa. Ademais, a Marx escapóuselle o carácter indeleble das relacións de subordinación económica e social, o compoñente de necesidade no traballo obreiro ou de subordinación a forzas naturais e sociais obxectivas, e o mecanismo de loita polo poder inherente á esencia humana.

A única posibilidade é reducir o nivel de opresión humanizando a vida laboral. O traballo é un valor humano, non unha cousa calquera da que nos poidamos desprender; de aí o grande erro do movemento obreiro, que levou a crear, con Lenin, unha sociedade que oprimiu coa esperanza de liberar.

Unha sociedade civil xusta sería aquela na que estas necesidades fosen satisfeitas para todos e todas e na que o ordenamento lexítimo non estivese fundado no poder, senón na autoridade e no ben.

A súa última obra Arraigo, escrita entre 1942-43, é unha declaración dos deberes cara ao ser humano. Nela propón unha fundación do "dereito natural das xentes" alternativa á Declaración universal dos dereitos do home e o cidadán de 1789, na que a base non fosen os dereitos, senón os deberes de cada ser humano con respecto aos demais.

Obra[editar | editar a fonte]

Simone Weil, 1921
  • Ciencia e percepción en Descartes.
  • Ensaios e artigos sobre a crise alemá.
  • Reflexións sobre as causas da liberdade e da opresión social.
  • A condición obreira.
  • Algunhas reflexións sobre as orixes do hitlerismo.
  • A Ilíada, poema da forza.
  • Deus en Platón.
  • Opresión e liberdade.
  • Escritos históricos e políticos.
  • Arraigo. Preludio a unha declaración dos deberes cara ao ser humano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inwagen, Peter Van (2004). Christian Faith and the Problem of Evil (en inglés). Wm. B. Eerdmans Publishing. ISBN 9780802826978. 
  2. Hellman, John (30-10-2010). Simone Weil: An Introduction to Her Thought (en inglés). Wilfrid Laurier Univ. Press. ISBN 9781554587025. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]