Jean-Baptiste Biot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Baptiste Biot.

Jean-Baptiste Biot, nado o 21 de abril de 1774 en París e finado o 3 de febreiro de 1862 na mesma cidade, foi un físico, astrónomo e matemático francés.

Jean-Baptiste Biot foi a primeira persoa en descubrir as propiedades ópticas únicas da mica, e do mineral baseado na mica denominado biotita (o nome do mineral púxose na súa honra). A comezos do século XIX estudou a polarización da luz cando pasa a través de solucións químicas.

Grazas á súa colaboración co físico Félix Savart (1791-1841) elaborou a Lei de Biot-Savart que describe como se xera un campo magnético mediante unha corrente eléctrica estacionaria. En 1804 elaborou un globo e ascendeu con Joseph Gay-Lussac a unha altura de cinco quilómetros no que serían as primeiras investigacións sobre a atmosfera terrestre. A magnitude adimensional en termodinámica coñécese como número de Biot. Polos seus descubrimentos, un cráter da Lúa leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean Baptiste Biot