Walter Bagehot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Bagehot
Nacemento3 de febreiro de 1826 e 1826
Lugar de nacementoLangport
Falecemento24 de marzo de 1877 e 1877
Lugar de falecementoSomerset
SoterradoLangport
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Alma máterUniversity College de Londres
Ocupaciónxornalista, economista, politicólogo, sociólogo, enxeñeiro, político, empresario, ensaísta e escritor
PaiThomas Watson Bagehot
NaiEdith Stuckey
CónxuxeElizabeth Wilson
editar datos en Wikidata ]

Walter Bagehot, nado o 3 de febreiro de 1826 e finado o 24 de marzo de 1877, foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bagehot naceu en Langport, Somerset, Inglaterra, seu pai, Thomas Walter Bagehot, era xerente e vicepresidente de Stuckey's Banking Company. El estudou no University College de Londres, onde cursou matemáticas e realizou un máster en filosofía intelectual e moral[1].

Traballou con seu pai desde 1852 e escribiu para varios xornais, logo durante dezasete anos foi o editor de The Economist, xornal que fora fundado polo seu sogro (James Wilson). Despois de asumir a dirección en 1860, engadiu a The Economist' información sobre os Estados Unidos e política, aumentando a influencia do xornal entre os medios políticos.

En 1867, escribiu un libro titulado The English Constitution no cal explora a constitución do Reino Unido, especificando o funcionamento do Parlamento e a monarquía británica e os contrastes entre o goberno británico e o americano. O libro converteuse nun manual que se traduciu a varias linguas.

Tamén escribiu Physics and Politics (1872), no cal acuñou a expresión aínda en uso no mundo anglosaxón "the cake of custom" para referirse á tensión entre as institucións tradicionais e a innovación. Lombard Street (1873), explica o mundo das finanzas e da banca, e especialmente como resolver crises financeiras. Polas súas contribucións á teoría sociolóxica a través dos estudos históricos, Bagehot pode ser comparado co seu contemporáneo, Henry James Sumner Maine.

Despois da súa morte publicouse unha colección cos seus ensaios económicos, literarios e políticos.

Cada ano a Political Studies Association británica outorga o Premio Walter Bagehot á mellor disertación no campo da administración pública e gobernativa.

Obras[editar | editar a fonte]

Lombard Street, 1873

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]