George Steiner
Francis George Steiner, nado en París o 23 de abril de 1929, é un crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes desde mediados do século XX.
[editar] Traxectoria
O seu ámbito de interese principal é a literatura comparada. A súa obra como crítico tende á exploración, con recoñecida brillantez, de temas culturais e filosóficos de interese permanente, contrastando coas correntes máis actuais polas que transitou boa parte da crítica literaria contemporánea. A súa obra ensaística exerceu unha importante influencia no discurso intelectual público dos últimos cincuenta anos.
Contribúe habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais, entre os que se inclúen The New Yorker, The Times Literary Supplement e The Guardian.
Publicou, ademais, varias novelas e libros de poesía.
[editar] Declaracións polémicas sobre a lingua galega
En agosto de 2008 fixo as seguintes declaracións sobre a lingua galega ao xornal El País[1]:
(entrevistador): Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
Este comentario subscitou ampla polémica no eido cultural galego [2].