Manuel Buceta del Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Buceta del Villar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1808 Editar o valor em Wikidata
Portas, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1882 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Buceta del Villar, nado en Portas o 15 de abril de 1808[1] e finado en Málaga o 3 de febreiro de 1882, foi un Brigadier galego. Ocupou os cargos de Gobernador Militar de Málaga e Melilla, tamén estivo na guerra de Santo Domingo e a primeira guerra carlista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nova sobre Manuel Buceta del Villar en Galicia. Revista semanal ilustrada, número 10. A Habana, 28 de setembro de 1902.

Fillo natural de María Buceta del Villar, ingresou como cabo primeiro nas Milicias populares e participou na Primeira Guerra Carlista[2] como sarxento primeiro, destacándose desde un principio polo seu talante liberal. Na revolución de 1846, era comandante da Garda Civil en Pontevedra e en compañía do xeneral Solís marchou cara á Coruña formando parte da primeira división, integrada polos rexementos provinciais de Xixón e Segovia, un batallón de Infantaría de Zamora, unha compañía de "Guías da Liberdade", 120 carabineiros, 20 cabalos e dúas pezas de artillaría. Pero o levantamento fracasou e Miguel Solís Cuetos foi fusilado con outros en Carral o 26 de abril, e Buceta fuxiu disfrazado de muller a Portugal.[3]

Ao ano seguinte, apareceu en Madrid participando nos movementos liberais populares que preparaban a revolución de 1848, que dirixiu, pero é detido e ten que escoller o camiño do exilio ata que en 1850 é amnistiado e retorna de novo ao servizo activo. Tivo parte moi activa no pronunciamento militar de xullo de 1854[2] que determinou o triunfo do Partido Progresista e o regreso de Espartero a España. Buceta foi nomeado coronel e destinado ao cargo de Gobernador Militar da praza de Melilla.[2] Logrou éxitos importantes combatendo aos rifeños, que o coñecían polo sobrenome de "Farruco".

Ascende a brigadier e até 1857 permanece como Gobernador Militar de Melilla, loitando á beira do xeneral O'Donnell. Posteriormente pasa a Cuba e logo, como Gobernador de Samaná na illa Española de Santo Domingo, onde realizou un moi importante labor entre a poboación indíxena. Alí fundou a poboación "Flechas de Colón", contribuíndo a pacificar a provincia de Santiago dos Cabaleiros que estaba insurreccionada durante a Guerra de Santo Domingo, desempeñando máis tarde o posto de Cabo segundo da Provincia de Santo Domingo.[4]

En 1866, regresa a Madrid e, ao producirse a Revolución de 1868, Buceta está encarcerado en Peñíscola. Unha vez en liberdade foi, de novo, destinado a Cuba, participando en varios feitos de armas para daquela ser nomeado Gobernador militar de Málaga. Cando se achaba destinado en Xirona en 1873, foi arrestado polo capitán xeneral de Cataluña e posto en liberdade a comezos do ano seguinte. En 1879, estando de comandante xeral do Campo de Xibraltar e destinado á reserva, tres veces foi proposto para tenente xeneral, pero dada a perseveranza e ardor con que sempre mantiña os seus ideais liberais, o seu nome foi rexeitado.

Manuel Buceta del Villar faleceu en Málaga, lonxe da súa Galicia natal, o 3 de febreiro de 1882.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tettamancy 1908, p. 91
  2. 2,0 2,1 2,2 Esquembri, Carlos (18 de maio de 2013). "El pasado revolucionario del brigadier Buceta". surdealboran.blogspot.com (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  3. Tettamancy 1908
  4. Tineo, Héctor (14 de agosto de 2014). "El último recorrido del brigadier Buceta por impedir la Restauración de la República". diariodominicano.com (en castelán). Archived from the original on 01 de outubro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  5. "Manuel Buceta del Villar". historiadeportas.wordpress.com. Consultado o 21 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]