María Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Jiménez
Orixe Sevilla, Andalucía Bandera d'Andalusia
Período 1975-
Xénero(s) Flamenco, rumba, tango, Bulería, bolero, ranchera...
Selo(s) discográfico(s) BMG-Ariola, Fonomusic, Universal...
Web oficial páxina oficial


María Jiménez Gallego, nada en Sevilla o 3 de febreiro de 1950, é unha cantante andaluza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Famosa polo contido liberal das súas letras e actuacións, comezou amadriñada por La Pipa en tablaos como Las Brujas nos primeiros anos da democracia española tralo franquismo.

Publicou o seu primeiro disco en 1976, con arranxos do guitarrista Paco Cepero con rumbas, tangos, bulerías, boleros, rancheiras e baladas de Silvio Rodríguez, Lolita de la Colina ou Amancio Prada. A este seguíronlle outros discos como Sensación e varias recompilacións.

A súa carreira relanzouse ó colaborar na canción La lista de la compra do grupo La cabra mecánica, e editando Donde más duele con cancións de Joaquín Sabina.

Estivo casada co actor Pepe Sancho, con quen tivo ó seu fillo Alejandro. Antes deste matrimonio, tivera outra filla, María del Rocío, que faleceu nun accidente de tráfico.

As súas opinións sobre a prensa rosa e a piratería son bastante coñecidas. Publicou a súa biografía e apareceu en varias películas e series de televisión como Todos los hombres sois iguales. Actualmente presenta o programa Bienaventurados, en Canal sur.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • María "La Pipa", 1975 (BMG-Ariola)
  • María Jiménez, 1976 (Fonomusic)
  • María Jiménez (Se acabó), 1978 (Fonomusic)
  • Resurrección de la alegría, 1979 (Fonomusic)
  • Sensación, 1980 (Fonomusic)
  • De distinto modo, 1981 (Fonomusic)
  • Frente al amor, 1982 (Fonomusic)
  • Por primera vez, 1983 (Fonomusic)
  • Voy a darte una canción, 1984 (Fonomusic)
  • Seguir viviendo, 1986(Fonomusic)
  • Alma salvaje, 1987 (Universal)
  • Rocíos, 1988 (PM Records)
  • Átame a tu cuerpo, 1992 (Senador/Coliseum)
  • Eres como eres, 1995 (Divucsa)
  • Donde más duele (María Jiménez canta por Sabina) 2002 (Muxxic/Universal)
  • De María...a María...¡con sus dolores! 2003 (Muxxic/Universal)
  • Jiménez canta Jiménez (María Jiménez canta a José Alfredo Jiménez) La Jiménez te lo dice cantando 2005 (Muxxic/Universal)
  • Bienaventurados, 2006 (Qbs Slu/Vale Music)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]