Alvar Aalto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alvar Aalto
Alvar Aalto
Alvar Aalto nun selo publicado en 1976.
Nacemento 3 de febreiro de 1898
Kuortane, Finlandia.
Falecemento 11 de maio de 1976 (78 anos)
Helsinqui.
Estilo Movemento Moderno
Obras destacadas Sanatorio de Paimio
Biblioteca de Viipuri
Vila Mairea en Noormarkku
Casa do concello de Säynätsalo
Premios Medalla de Ouro do RIBA en 1957
Medalla de Ouro do AIA en 1963.

Hugo Alvar Henrik Aalto, nado o 3 de febreiro de 1898 en Kuortane e finado o 11 de maio de 1976 en Helsinqui[1], foi un arquitecto e deseñador finlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinqui (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasládouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinqui.

En 1940 trasladouse ós Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. No 1950 volveu a Finlandia, despois da morte da súa muller.

Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.

O Museo finlandés de Arquitectura e a Asociación Finlandesa de Arquitectos (SAFA) estableceu en 1967 o Premio Alvar Aalto na súa honra.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Auditorio da Univesidade Tecnolóxica de Helsinqui.
Igrexa de Seinäjoki 1960.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Obxectos e mobiliario[editar | editar a fonte]

Silla deseñada por Alvar Aalto.
  • Taburete Y-leg Stool, producido por Artek (1946-1947).
  • Taburete Model No. 60 y 69, porducido por Artek (1932-1933).
  • Tumbona Model No. 43 e silla Model No. 406, producido por Artek (1936).
  • Silla "Paimio" o Model No. 41, producido por Artek (1930-1931).
  • Silla Model No. 31, producido por Artek (1931-1932.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Alvar Aalto
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alvar Aalto Modificar a ligazón no Wikidata