Ada Negri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAda Negri

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Lodi Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Milán Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSan Francesco Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1900 Editar o valor em Wikidata -
Influencias
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 424cacdc-6f8e-486b-8112-0a0e0b6b003d Discogs: 855777 IMSLP: Category:Negri,_Ada Find a Grave: 244787598 Editar o valor em Wikidata
Ada Negri.

Ada Negri, nada en Lodi o 3 de febreiro de 1870 e finada en Milán o 11 de xaneiro de 1945, foi unha poeta e narradora italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia humilde, filla dun artesán, Giuseppe Negri, e unha costureira, Vittoria Cornalba, quedou orfa pola morte do seu pai cando só tiña un ano de idade. Grazas ao esforzo da nai puido asistir en 1883 á Scuola Normale Feminile de Lodi obtendo o diploma de profesora elemental. Exerceu como mestra a partir de 1888 na Scuola Elementare di Motta Visconti (Milán), alternando a docencia coa actividade de xornalista e poetisa.

Neste período compuxo os seus primeiros poemas que foron publicados na escolma "Fatalità" (1982). A publicación tivo un grande éxito e Ada conseguiu unha certa fama. Posteriormente marcharía vivir a Milán, onde entra en contacto cos membros do círculo socialista da época como Filippo Turati, Mussolini e Anna Kuliscioff. En 1894 gaña o Premio Milli de poesía. No mesmo ano sae a súa segunda escolma de poesía, "Tempeste". Neste período a súa lírica concentrouse sobre todo nunha temática social cun forte ton de denuncia.

En 1896 casou con Giovanni Garlanda, industrial téxtil de Biella, con quen tería unha filla, Bianca, inspiración de moitos poemas, e en 1900 outra filla, Vittoria, que morreu ao mes de nacer. Todas estas circunstancias modificaron fortemente a súa poética, e as súas obras tornaron máis introspectivas e autobiográficas, como se ve en Maternità, publicado en 1904 e en Dal Profondo (1910).

O matrimonio durou poucos anos e Ada tras a separación en 1913 marcharía a Zürich, volvendo a Italia no inicio da primeira guerra mundial. En 1914 publica Esilio, obra con evidente referencia autobiográfica, en 1917 a escolma de novelas Le Solitario na que conta a súa visión do mundo como unha simple nena de aldea e no ano seguinte Orazioni, onde recolle odas á patria: os anos da guerra transformaran a paixón civil en patriótica.

En 1931 recibe o Premio Mussolini pola carreira. O premio consagrou Ada Negri como intelectual do réxime, tanto que en 1940 é nomeada primeira muller membro da Academia Italiana. Morreu en 1945.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Fatalità (1892)
  • Tempeste (1895)
  • Maternità (1904)
  • Dal Profondo (1910)
  • Esilio (1914)
  • Orazioni (1918)
  • Il libro di Mara (1919)
  • I canti dell'isola (1925)
  • Vespertina (1930)
  • Il dono (1936)
  • Fons amoris (1946, póstumo)
  • Le cartoline della nonna (1973, póstumo)

Narrativa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traducida por Isabel Soto e publicada por Hugin e Munin en 2023.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]