Juan Negrín
| Juan Negrín | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 3 de febreiro de 1889 | ||
| Lugar: | Las Palmas de Gran Canaria, España | ||
| Falecemento: | 12 de novembro de 1956 | ||
| Lugar: | París, Francia | ||
| Organización: | PSOE | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidente do Goberno da Segunda República Española | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | {{{profesión}}} | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Juan Negrín López, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de febreiro de 1889 e finado en París o 12 de novembro de 1956, foi un fisiólogo e político español. Catedrático de Fisioloxía, como eminente investigador nese ámbito chegou a ser considerado un precursor da bioquímica. Mestre, entre outros, dos profesores Severo Ochoa (galardoado co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina) e Grande Covián. Presidente (1937-1945) do Goberno da Segunda República Española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nomeado ministro de Facenda en setembro de 1936 no goberno de Largo Caballero.
Membro do PSOE, trala dimisión de Largo Caballero en maio de 1937 o Presidente da República Manuel Azaña nomeouno Presidente do Goberno, coa esperanza de fortalecer o poder central fronte a sindicatos e anarquistas, aliándose coa burguesía e clases medias, poñendo así fin ao movemento revolucionario e creando unha economía de guerra. Todo iso coa intención de enlazar o conflito español coa Segunda Guerra Mundial, que cría inminente, aínda que o pacto de Múnic fixo esvaecer definitivamente toda esperanza de axuda exterior.
Convenceu a Azaña para que autorizase o envío de parte do tesouro do Banco de España a Moscova a fin de poder pagar o armamento que a República se vía obrigada a comprar á Unión Soviética, xa que esta esixía o pago por adiantado. Esta fonte de fornecemento era a única alternativa viable ante a negativa das potencias democráticas a vender armas a España, amparándose na política do "Pacto de non intervención" do que, paradoxalmente, Alemaña e Italia, principais subministradores dos nacionalistas, tamén eran signatarios.
No plano militar lanzou unha serie de ofensivas (Brunete, Belchite, Teruel e Ebro).
Ante o derrubamento de Cataluña, propuxo na reunión das Cortes en Figueres (Cataluña) a rendición coa soa condición do respecto ás vidas dos perdedores, pero ao non poder atinxir este obxectivo trasladouse en febreiro de 1939 á zona centro coa intención de lograr a evacuación co mesmo éxito con que se realizou en Cataluña, pero a rebelión de Segismundo Casado frustrou este último plan.
Presidente do Goberno da República no exilio ata 1945, organizou o SERE para axudar aos exiliados.
|
|||||
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Miralles, Ricardo. Prólogo de Paul Preston. Juan Negrín. Ed. Temas de Hoxe. Madrid, 2003.