Lee Ranaldo
| Lee Ranaldo | |
|---|---|
Lee Ranaldo no Ilosaarirock 2003 |
|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 3 de febreiro de 1956 (57 anos) |
| Orixe | Glen Cove, Nova York |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Sonic Youth, The Cribs, Text Of Light |
| Tempo en activo | 1980 - actualidade |
| Web | |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Lee M. Ranaldo (naco on 3 de febreiro de 1956 en Glen Cove, New York) é un músico, escritor, produtor e artista visual estadounidense coñecido por ser vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da banda de rock alternativo Sonic Youth. No ano 2004 a revista Rolling Stone elexíu a Ranaldo e ao seu compañeiro Thurston Moore o 33 e 34 mellores guitarristas de todos os temas respectivamente[1].
Ten tres fillos, Cody Linn Ranaldo, Sage Ranaldo e Frey Ranaldo, e está casado coa artista experimental Leah Singer, coa cal ten feito moitas performances en directo con música improvisada.
Índice |
Biografía [editar]
Ranaldo naceu en Glen Cove, Long Island, Nova York. Medrou escoitando discos dos Rolling Stones, Kinks, Cream, Led Zeppelin, Talking Heads e Television, e graduouse na Binghamton University.
O seu primeiro grupo chamouse Fluks e trasladouse a Brooklyn en 1980, onde se uniu á orquestra de guitarras eléctricas de Glenn Branca. Un ano máis tarde Thurston Moore oganizou o Noise Festval na galería de arte White Columns e convidouno a formar parte do seu grupo, no que tamén estaba a súa moza Kim Gordon, nacendo así Sonic Youth. Ao pouco tempo uniríaselles o batería Richard Edson.
Entre as gravacións en solitario de Ranaldo atópanse Dirty Windows, unha colección de textos falados con música; Amarillo Ramp (For Robert Smithson), pezas para guitarra; e Scriptures of the Golden Eternity. Escribiu tamén libros, moitos dos cales inclúen imaxes e fotografías da súa muller, como Bookstore, Road Movies e Jrnls80s.
Discografia en solitario [editar]
- From Here to Infinity (1987)
- A Perfect Day EP (1992)
- Scriptures of the Golden Eternity (1993)
- Broken Circle / Spiral Hill EP (1994)
- East Jesus (1995)
- Clouds (1997)
- Dirty Windows (1999)
- Amarillo Ramp (For Robert Smithson) (2000)
- Outside My Window The City Is Never Silent - A Bestiary (2002)
- Text Of Light (2004)
- Maelstrom From Drift (2008)
- Countless Centuries Fled Into The Distance Like So Many Storms EP (2008)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||