Elizabeth Blackwell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizabeth Garrett Anderson
Elizabeth Garrett Anderson
Elizabeth Blackwell
Nacemento: 3 de febreiro de 1821
Bristol Inglaterra Inglaterra
Falecemento: 31 de maio de 1910 (89 anos)
Hastings Inglaterra Inglaterra
Selo dedicado a Elizabeth Blackewell

Elizabeth Garrett Anderson, coñecida como Elizabeth Blackwell, nada o 3 de febreiro de 1821 e finada o 31 de maio de 1910, foi a primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Bristol (Inglaterra) filla dun empresario refinador de azucre que afrontou dar ós seus numerosos fillos e fillas unha educación. No 1831, a familia emigrou ós Estados Unidos e montou unha refinería en Nova York. Trala morte do pai, adicouse á ensinanza. Querendo dedicarse á práctica de Medicina, exerceu na casa dun médico, e usou o seu tempo libre no estudo dos libros dos que dispoñía. Participou no movemento anti-esclavista.

Blackwell tentou a entrada en varios centros médicos punteiros, e foi rexeitada. Intentouno de novo en centros menos resaltantes, incluído o Geneva College en Nova Iorque. Alí foi aceptada – como anécdota, porque a facultade deixou a decisión no voto dos estudantes – e venceu o prexuízo dalgúns profesores e estudantes para completar a súa formación. Foi a primeira da súa promoción. O 23 de xaneiro de 1849, converteuse na primeira muller que obtivo o título para a práctica da Medicina en Estados Unidos.

Impedida de exercer en varios hospitais, fundou o seu propio hospital, o Hospital de Nova Iorque para mulleres e nenos indixentes (New York Infirmary for Indigent Women and Children) no 1857. Cando comezou a Guerra Civil americana, formou enfermeiras, e no 1868 fundou o Colexio Médico de Mulleres co fin de formar mulleres en Medicina.

No 1869 deixou a súa irmá Emily ó coidado do Colexio e volveu a Inglaterra. Entón, con Florence Nightingale, abriu o Colexio Médico de Mulleres. Blackwell ensinou na recén creada Escola Londinense de Medicina para Mulleres e converteuse na primeira muller no Rexistro Médico do Reino Unido. Retirouse á idade de 86 anos.

A súa guía de educación sexual, A Educación Moral dos Mozos, foi publicada en Gran Bretaña, así como a súa autobiografía, Traballo Pioneiro na Apertura da Profesión Médica para Mulleres (Pioneer Work in Opening the Medical Profession to Women, 1895). Á súa morte, foi incinerada nun lugar remoto de Escocia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]