María Brey Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Brey Mariño
Nacemento4 de setembro de 1910
Lugar de nacementoA Pobra de Trives
Falecemento3 de febreiro de 1995
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncrítica literaria e bibliotecaria
Na rede
Dialnet: 1703707 WikiTree: Brey-90
editar datos en Wikidata ]

María Brey Mariño, nada na Pobra de Trives o 4 de setembro de 1910 e finada en Madrid o 3 de febreiro de 1995, foi unha bibliotecaria, arquiveira, medievalista e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla única de Juan Brey Guerra, xuíz da Estrada destinado na Pobra de Trives onde naceu. Estudou en Bilbao, e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. Foi bolseira da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas no Centro de Estudios Históricos. En agosto de 1931 ingresou por oposición no CFABA, sendo o seu primeiro destino a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, e máis tarde, por concurso de méritos, á Biblioteca da Presidencia do Consello de Ministros, en Madrid. Durante a guerra civil trasladouse a Valencia onde traballou na Casa da Cultura que dirixía Antonio Machado, e despois na Xunta de Adquisición de Libros xunto a María Moliner. Depurada en 1940, foi postergada e inhabilitada para desempeñar cargos de confianza durante cinco anos e trasladada ao Arquivo da Delegación de Facenda de Huelva. Posteriormente foi destinada á Biblioteca das Cortes. Exiliouse co seu home en Nova York en 1961, motivado polo veto do ministro de Educación, Jesús Rubio, á entrada de Rodríguez-Moñino na Real Academia Española. Nos Estados Unidos dedicáronse a catalogar os manuscritos poéticos castelás dos séculos XV, XVI e XVII da biblioteca da Hispanic Society of America en Nova York.

Casou co bibliófilo e catedrático Antonio Rodríguez-Moñino en 1939, traballou como tradutora para a Editorial Castalia e a súa colección de clásicos recollidos nas series "Gallardo" e "Ibarra" e, despois en "Odres nuevos".

Finou en Madrid o 3 de febreiro de 1995.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El País.
  2. "María Brey Mariño". Real Academia de la Historia. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]