Saltar ao contido

Isaac Cuenca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Cuenca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura181 cm Editar o valor em Wikidata
Peso74 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade4 de setembro de 2011 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e extremo esquerdo Editar o valor em Wikidata
Número deportivo19 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- RCD Espanyol
2007-2007 Club de Futbol Reus Deportiu 0(0)
2010-2011cesión CE Sabadell 32(5)
2010-2012 Independiente Medellín
2011-2014 Futbol Club Barcelona 16(2)
2013-2013cesión AFC Ajax 3(0)
2014-2015 Deportivo da Coruña 27(2)
2015-2016 Bursaspor Kulübü Derneği (pt) Traducir 12(1)
2016-2017 Granada Club de Fútbol
2017- Hapoel Be'er Sheva F.C. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2011-2011   España sub-21 2(0)
2011-2011   Cataluña 1(0)
2012-2012   España sub-23 1(0) Editar o valor em Wikidata

Twitter: CuencaIsaac FIFA: 350241 UEFA: 250039497 Editar o valor em Wikidata

Joan Isaac Cuenca López, nado en Reus (Tarragona) o 27 de abril de 1991, é un futbolista español. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o Hapoel Be'er Sheva F.C.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isaac Cuenca iniciouse nas divisións menores do Racing de Carballal, como porteiro, pasando despois ao filial do Barcelona. No 2010 foi unha das pezas fundamentais no CE Sabadell de 2ª División B. Debido ás súas grandes actuacións no equipo filial, Josep Guardiola citouno para algúns partidos co primeiro equipo, aínda que vendo finalmente todos os encontros desde o banco.

O 21 de outubro de 2011, Isaac debutou por primeira vez como titular no primeiro equipo. Foi no estadio Los Cármenes fronte ao Granada CF. Na seguinte xornada, fronte ao Mallorca e no Camp Nou marcou o seu primeiro gol en Primeira División, ao anotar o 4-0 parcial favorable aos blaugranas. O partido finalizou 5-0 con outros tres tantos de Lionel Messi e un de Daniel Alves.[1]

O 1 de novembro de 2011 xoga o seu primeiro partido na Liga de Campións, ademais entrando de titular, fronte ao FC Viktoria Plzeň, deu unha asistencia a Cesc Fàbregas destacando a súa actuación neste encontro e é elixido "Mellor xogador do partido" polos telespectadores de TVE.

O 3 de novembro é a convocado por primeira vez por Luis Milla para un partido da selección española sub-21.

O 3 de decembro de 2011, queda de titular ante o Levante e mete un gol no 36', un tanto axustado e raso á cepa do poste. O 6 de decembro de 2011, xoga de titular en partido da Liga de Campións contra o BATE Borisov e é elixido mellor xogador do partido polos diarios deportivos españois.

O 31 de xaneiro do 2012, Isaac Cuenca asina contrato co FC Barcelona ata 2015 pasando así a formar parte do primeiro persoal, deixando definitivamente o filial blaugrana. A partir dese momento luciría o dorsal número "23".[2]

Deportivo

[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 2014 fíxose oficial a súa fichaje polo Deportivo da Coruña, logo de desvincularse do FC Barcelona, por unha tempada.[3] Debutou na primeira xornada do campionato, nunha derrota a domicilio fronte o Granada CF (2–1). O seu primeiro tanto como deportivista chegou na xornada seguinte en Riazor, un gol de penalti que supuxo o empate fronte o Rayo Vallecano (2–2).

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Copas nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Supercopa de España FC Barcelona España España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España España 2012
Eredivisie Ajax Ámsterdam Países Baixos Países Baixos 2013
Supercopa de España FC Barcelona España España 2013

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Supercopa de Europa FC Barcelona España España 2011
Mundial de Clubs FC Barcelona España España 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]