Rubén Iván Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rubén Iván Martínez Andrade»)
Rubén
Rubén co Anderlecht en 2017
Información persoal
Nome Rubén Iván Martínez Andrade
Nacemento 22 de xuño de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Provincia da Coruña e Coristanco
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Osasuna
Carreira xuvenil
1994–1996 Bergantiños
1996–1997 Orillamar
1997–2002 Barcelona B
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Barcelona C 31 (0)
2002–2007 Barcelona B 97 (0)
2004–2008 Barcelona 2 (0)
2007–2008Racing de Ferrol (cedido) 0 (0)
2008–2010 Cartagena 76 (0)
2010–2013 Málaga 11 (0)
2012–2013Rayo Vallecano (cedido) 30 (0)
2013–2014 Rayo Vallecano 34 (0)
2014–2015 Almería 23 (0)
2015–2016 Levante 15 (0)
2016–2018 Deportivo da Coruña 28 (0)
2017Anderlecht (cedido) 1 (0)
2018–2021 Osasuna 57 (0)
2021– AEK Larnaca 0 (0)
Selección nacional
2000 España sub-20 1 (0)
2004 España sub-21 1 (0)
2005 España sub-23 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de maio de 2018
editar datos en Wikidata ]

Rubén Iván Martínez Andrade, máis coñecido como Rubén, nado en Coristanco o 22 de xuño de 1984, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no AEK Larnaca, da Primeira División de Chipre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou polo FC Barcelona procedente da SD Orillamar da Coruña. Rubén pasou por todas as categorías do club ata chegar ao primeiro equipo durante a tempada 2004-2005. Converteuse no terceiro porteiro, por detrás de Víctor Valdés e Albert Jorquera. Na súa primeira tempada no primeiro equipo xogou dous partidos de liga.

Na temporada 2007-08 foi cedido ao Rácing de Ferrol e na 2008-09 xogou no FC Cartagena, ambos da Segunda División B. Con este último conseguiu o ascenso a Segunda División, e tras un ano exitoso nesa categoría, en agosto de 2010 firmou polo Málaga CF da Primeira División Española.

O 3 de xullo de 2016 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña, cun contrato por dúas tempadas.[1] O 24 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa cesión cara ao club belga RSC Anderlecht, até o remate da tempada.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]