Jorge Larraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Larraz
Larraz sivori 1957.jpg
Información persoal
Nome Jorge Roberto Larraz Camardelli
Nacemento 12 de abril de 1937
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 9 de agosto de 2016
Lugar de falecemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 1,62 m.
Peso 62 kg
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951–1953 Deportivo Armenio
1954–1956 Gimnasia y Tiro de Salta
1956–1957 Club Sport Emelec
1957 Universidad Católica
1957–1960 Las Palmas 57 (13)
1960–1961 Granada 17 (5)
1961–1962 Tenerife 7 (3)
1962 Granada 8 (2)
1962–1964 Deportivo da Coruña 16 (2)
1964–1965 Racing de Ferrol
Selección nacional
Ecudador
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jorge Roberto Larraz Camardelli, nado en Buenos Aires o 12 de abril de 1937 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016, foi un futbolista arxentino nacionalizado ecuatoriano. Xogaba como dianteiro e o seu primeiro club foi o Deportivo Armenio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en 1951 xogando para o Deportivo Armenio ata 1953. En 1954 trasladouse ao Gimnasia y Tiro de Salta, onde estivo ata 1956. Nese mesmo ano marchou a Ecuador para xogar no Emelec, club no que vestiu a camisola ata 1957, cando marchou para España, onde defendeu a elástica da UD Las Palmas. Máis adiante en 1960 incorporouse ao Granada CF, pero só ata 1961, momento no que volveu ás Illas Canarias, esta vez para xogar no CD Tenerife. En 1962 fichou polo Deportivo da Coruña onde defendeu as cores branquiazuis durante dous, para terminar a súa carreira no Racing de Ferrol en 1965.

Faleceu nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016.[1]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de Ecuador e participou na Copa América de 1957.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]