Roberto Suárez Pier
Róber | |||
---|---|---|---|
Roberto Suárez en maio de 2016. | |||
Información persoal | |||
Nome | Roberto Suárez Pier | ||
Nacemento | 16 de febreiro de 1995 (29 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,82 m | ||
Posición | Central | ||
Información de club | |||
Club actual | Levante | ||
Carreira xuvenil | |||
Victoria | |||
Deportivo da Coruña | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2016 | Fabril | 113 | (4) |
2016– | Deportivo da Coruña | 2 | (0) |
2016–2019 | → Levante (cedido) | 84 | (2) |
2019– | Levante | 33 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de decembro de 2021. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Roberto Suárez Pier, coñecido como Róber Pier, nado en Oleiros o 16 de febreiro de 1995, é un futbolista galego. Xoga de central no Levante, da Primeira División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse futbolisticamente nas canteiras do Victoria e do Deportivo da Coruña, ao que chegou en idade cadete.[1] Na tempada 2012/13 compaxinou o equipo xuvenil co Fabril, co que disputou 18 partidos esa campaña, con José Luis Devesa como adestrador. Continuou tres anos máis no filial, todos en Terceira División, superando a centena de partidos.
O 2 de decembro de 2015 estreouse co primeiro equipo do Deportivo, xogando como titular nun partido de Copa do Rei contra a UE Llagostera no Nou Estadi de Palamós, con vitoria coruñesa por 1–2.[2] O 12 de marzo de 2016 debutou en Primeira División, nunha derrota a domicilio contra o Atlético de Madrid (3–0). Róber entrou substituíndo ao mancado Manuel Pablo.[3] Disputou un total de seis encotros co equipo de Víctor Sánchez esa tempada.
Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Levante, da Segunda División.[4] Xogou máis da metade dos encontros e sumou o seu primeiro gol como profesional nun partido contra o Girona no Ciutat de València. O equipo adestrado por Muñiz proclamouse campión da categoría e logrou o ascenso á Primeira División.
A súa cesión ao club valenciano prolongouse dous anos máis, nos que o central galego disputou 48 partidos en Primeira e marcou o seu primeiro gol na categoría, nun empate 1-1 fronte ao Eibar.[5][6] Na penúltima xornada da tempada 2018/19 contra o Girona, sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, quedando fóra dos terreos do xogo durante máis dun ano.
A pesar da súa lesión, o Levante fíxose co xogador en propiedade en setembro de 2019, despois de tres anos de cesións por parte do Deportivo.[7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barreiros, Pedro (6 de xaneiro de 2016). "Un central siempre por delante". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "El Dépor celebra sus 400 partidos en Copa con una victoria y tres debuts (1-2)". Deportivo da Coruña. 2 de decembro 2015. (en castelán)
- ↑ "El Dépor no puede con la roca rojiblanca (3-0)". Deportivo da Coruña. 12 de marzo 2016. (en castelán)
- ↑ "Róber jugará cedido en el Levante una temporada". Deportivo da Coruña. 6 de xullo 2016. (en castelán)
- ↑ "El Levante consigue prolongar la cesión de Róber Pier" (en castelán). 3 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Burgos, Julián (7 de xullo de 2018). "Oficial: Rober Pier llega cedido del Depor por una temporada". As (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Róber Pier se convierte en jugador del Levante UD" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Róber Pier, traspasado del Deportivo al Levante" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en lapreferente.com (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).