Toma o nome do antigo campo do Granada CF, o Estadio Los Cármenes, que estaba situado na Avenida de Madrid e foi vendido polo club para ser substituído por unha urbanización residencial.
Inaugurouse o 16 de maio de 1995, celebrándose o primeiro partido oficial o 6 de xuño de 1995. O partido inaugural, de carácter amigable, enfrontou ao Real Madrid contra o Bayer Leverkusen, e acabou coa vitoria por 1-0 do club español. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Óscar nun España - Armenia en categoría Sub-21, que terminou coa vitoria española por 4 a 0. Os outros tres goles de España anotáronos Roberto, Morales e Raúl.