Pablo Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Hernández Domínguez
PabloHdz.jpg
Información persoal
Nome completo Pablo Hernández Domínguez
Nacemento 11 de abril de 1985
Lugar Onda, Castelló,
Altura 1,73
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Valencia CF

Pablo Hernández Domínguez (Onda, Castelló, 11 de abril de 1985) é un futbolista internacional español. Xoga de extremo dereito e o seu actual equipo é o Valencia CF da Primeira División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pablo Hernández é un futbolista formado no AVV Rafalafena e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. Tras o seu paso polo equipo xuvenil do Valencia CF, foi cedido durante a tempada 2004-05 ao Club Deportivo Onda.

Posteriormente, xogou dúas tempadas no Valencia Mestalla, filial do Valencia CF, chegando a debutar co primeiro equipo na última xornada da tempada 2005-06 contra ó Osasuna. Durante a tempada 2006-07, converteuse no máximo goleador do seu equipo ata que no mercado de inverno asinou a súa cesión ao Cádiz CF.[1]

Xoga en calidade de traspasado no Getafe CF como pago pola fichaxe de Alexis Ruano polo equipo valencianista. O Valencia reservouse unha opción de recompra de 1 millón de euros durante o primeiro ano e de 2 millóns durante o segundo ano. En xaneiro de 2008 o club valenciano exerce a opción de compra e Pablo asina para os próximos 6 anos.[2] Incorporarase á disciplina valencianista no verán dese mesmo ano, tras finalizar a tempada co Getafe.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño de 2009, foi convocado por primeira vez coa selección española para disputar a Copa Confederacións.[4] Deste xeito o 20 de xuño de 2009 debutou co equipo nacional no encontro que o enfrontou a Suráfrica ao substituír ao seu compañeiro David Villa no minuto 60.[5]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 2 de outubro de 2010.
Club País Período Liga
PX (G)
Copa
PX (G)
CD Onda España 2004-2005 ¿? ¿?
Valencia CF Mestalla España 2004-2007 16 4
Valencia CF España 2005-2006 1 0
Cádiz CF España 2006-2007 22 4
Getafe CF España 2007-2008 43 8
Valencia CF España 2008-2009 31 5
Valencia CF España 2009- 2010 44 8
Valencia CF España 2010- 2011 7 2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]